amonio

amonio

Ammón, Xúpiter

Plural: amonios
  1. s m [QUÍM ]

    Radical monovalente hipotético, de fórmula NH 4 , do que deriva o ión amonio e os sales amónicos.

  2. acetato de amonio [QUÍM ]

    Composto utilizado en tintura, para conservar carnes e en medicina polas súas propiedades expectorantes e diuréticas.

  3. amonio cuaternario [QUÍM ]

    Designación xenérica dos radicais monovalentes -NR 4 , que resultan de substituír no radical amonio os catro hidróxenos por grupos alquilos e se aplican industrialmente como desinfectantes, funxicidas, desodorantes e deterxentes.

  4. bicarbonato de amonio [QUÍM ]

    Sólido que se utiliza para desengraxar materias téxtiles, en extintores de incendios, en levaduras químicas e en medicina como expectorante e carminativo.

  5. bifluoruro de amonio [QUÍM ]

    Substancia que se utiliza para os gravados en vidro, para abrillantar o aluminio e como esterilizante na industria da cervexa e do leite.

  6. bromuro de amonio [QUÍM ]

    Sólido cristalino que se obtén mediante a neutralización do ácido bromhídrico con amoníaco e que se utiliza en fotografía, en litografía, para facer ignífuga a madeira e en medicina como sedante de rápida absorción.

  7. carbamato de amonio [QUÍM ]

    Cristais que se empregan como fertilizante.

  8. carbonato de amonio [QUÍM ]

    Mestura de bicarbonato e de carbonato amónico que se utiliza en tintura, nos fermentos químicos e en medicina como expectorante e carminativo.

  9. cloruro de amonio [QUÍM ]

    Cristais que se empregan como electrólito en pilas secas ou en medicina como expectorante e diurético.

  10. hidroxenofosfato de amonio [QUÍM ]

    Compostos que se empregan na fabricación de mistos e tamén en soldadura.

  11. ión amonio [QUÍM ]

    Catión monovalente NH 4 + que se forma por reacción do amoníaco cos ácidos protónicos.

  12. nitrato de amonio [QUÍM ]

    Composto que se emprega como fertilizante, na fabricación de explosivos e en pirotecnia.

  13. nitrosulfato de amonio [QUÍM ]

    Fertilizante mineral a base de sulfato amónico e nitrato amónico.

  14. sulfato de amonio [QUÍM ]

    Composto que se emprega como fertilizante e que comercialmente é o sal amónico máis importante.

  15. sulfuro de amonio [QUÍM ]

    Sólido cristalino amarelo que se utiliza para lustrar bronce, na industria téxtil e mais en fotografía.