bario
gr βαρύς ‘pesado’
-
m
[QUÍM ]
Metal alcalinotérreo que pertence ao grupo II da táboa periódica, de número atómico 56 e peso atómico 137,34.
-
carbonato de bario
[QUÍM ]
Sólido branco que se emprega como raticida, en vidros e esmaltes cerámicos e noutras aplicacións.
-
clorato de bario
[QUÍM ]
Conxunto de pos brancos que se emprega en pirotecnia, en explosivos e como mordente téxtil.
-
cloruro de bario
[QUÍM ]
Conxunto de cristais incoloros que se emprega na fabricación de cloro, entre outras aplicacións.
-
cromato de bario
[QUÍM ]
Precipitado amarelo que se meprega nos mistos de seguridade e como pigmento.
-
hidróxido de bario
[QUÍM ]
Sólido branco que se emprega na análise química como base forte exenta de carbonato.
-
nitrato de bario
[QUÍM ]
Concunto de cristais brancos que se emprega en pirotecnia e na fabricación de vidros e esmaltes cerámicos.
-
óxido de bario
[QUÍM ]
Substancia branca ou amarelada que se emprega como axente deshidratante e como aditivo nos aceites lubrificantes.
-
peróxido de bario
[QUÍM ]
Conxunto de pos de cor branca grisácea que se utiliza en pirotecnia e nas balas trazadoras.
-
sulfato de bario
[QUÍM ]
Conxunto de pos microcristalinos, brancos que se emprega como pigmento e na elaboración de vidro.
-
sulfuro de bario
[QUÍM ]
Composto empregado como depilatorio e vulcanizador.
-
titanato de bario
[QUÍM ]
Conxunto de cristais cun brillo grisáceo que se emprega en amplificadores dieléctricos e en transdutores para ultrasóns.