"Segrè" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 20.

    1. Que está unido pola amizade con alguén.

    2. Que ten afección por algo ou por alguén.

    3. Persoa con quen alguén fai vida matrimonial sen estar legalmente casados.

    4. Termo para designar ‘o amado, o namorado’, nas cantigas de amigo da lírica galego-portuguesa medieval.

    5. Dous números, dos que cada un é a suma de todos os divisores do outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación de xenotipos diferentes na apogamia por causa da segregación xenética da primeira meiose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe dado coas mans nas nádegas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Orificio do comezo do tracto dixestivo ou da cavidade dixestiva que presentan a inmensa maioría dos animais.

      2. Estrutura en forma de cavidade, aberta inmediatamente despois do orificio bucal e en conexión co tubo dixestivo, que posúen moitos animais.

      3. Método de respiración artificial que consiste basicamente en inducir a respiración do paciente expirando fortemente na súa boca.

    1. Labios como parte da cara.

      1. Abertura que comunica a parte exterior coa interior dalgunha cousa.

      2. Abertura dun zapón.

      3. Abertura que teñen na táboa harmónica os instrumentos de corda da familia dos laúdes.

      4. Abertura entre dúas partes fixas ou móbiles dunha ferramenta ou dun instrumento.

      5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ter alguén ou algo as dimensións axeitadas para ser introducido ou colocado nun espazo ou para estar contido nalgún lugar.

    2. Haber o espazo abondo nun lugar para que alguén ou algunha cousa poida pasalo ou atravesalo.

    3. Ser posible algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recipiente que se emprega para carrexar e almacenar produtos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Carencia física ou moral que algunha persoa ten de algo, de xeito que a converte en imperfecta.

    2. Carencia das calidades propias dalgunha cousa.

      1. icio dunha cousa que fai diminuír o seu valor e que, en ocasións, pode determinar a súa incapacidade para facer o uso ao que está destinada.

      2. Omisión dalgún requisito que a lei esixe nos actos xurídicos e que, se é esencial, orixina a nulidade do acto.

      3. Falta derivada da incorrecta aplicación das normas procesuais nunha causa que pode afectar á validez da sentenza xudicial

      4. Carencia ou imperfección que existe nun título que pode impedir a súa inscrición no rexistro da propiedade.

    3. Interrupción da regularidade da rede cristalina dun sólido.

    4. Diferenza entre a suma das masas dos nucleóns que compoñen un núcleo atómico e a masa do núcleo enteiro, ou entre a masa dos compoñentes dun átomo e a do átomo enteiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Expresar algo por medio da linguaxe oral ou escrita.

    2. Transmitir algo por medio de xestos, sinais ou outras manifestacións.

    3. Emitir sons correspondentes a algo.

    4. Comentar ou murmurar de alguén ou de algo.

    5. Nomear ou chamar a alguén dunha determinada maneira.

    6. Celebrar o sacerdote a cerimonia da misa.

    7. Ter unhas calidades determinadas.

    8. Ser ou non adecuado algo ou coincidir ou non unha cousa con outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Emitir as persoas ou os animais sons que forman palabras.

      1. Comunicar algo que se pensa utilizando a linguaxe articulada.

      2. Comunicarse a través doutro procedemento distinto á palabra.

    2. Manter unha conversación con alguén.

      1. Ocuparse dun tema determinado.

      2. Interceder por alguén valéndose de influencias.

    3. Estimular o gando mediante voces ou coa aguillada para que fagan algo.

    4. Pronunciar un discurso diante dun público.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Falta de discreción.

    2. Dito ou feito indiscreto.

    VER O DETALLE DO TERMO