amigo -ga

amigo -ga

lat amicu

Plural: amigos Masculino: amigo Masculino plural: amigos Feminino: amiga Feminino plural: amigas
  1. adx

    Que está unido pola amizade con alguén.

  2. adx

    Que ten afección por algo ou por alguén.

  3. s m

    Persoa con quen alguén fai vida matrimonial sen estar legalmente casados.

  4. s m [LIT ]

    Termo para designar ‘o amado, o namorado’, nas cantigas de amigo da lírica galego-portuguesa medieval.

  5. números amigos [MAT ]

    Dous números, dos que cada un é a suma de todos os divisores do outro.

Sinónimos

Confrontacións

camarada, colega

Citas

  • Aquel home é o amigo, disque vai casar con ela
  • Coñezo a un señor da aldea que é un verdadeiro amigo dos paxaros
  • Necesitaba desafogar cun amigo todas as penas que sentía
  • Os amigos das artes doaron cinco cadros ao museo central
  • Os amigos do goberno solucionáronlle a papeleta ao presidente
  • Son vellos amigos posto que se coñecen dende a infancia
  • Unha palabra amiga mellorou o seu estado de saúde

Refráns

  • A amistade coñecela e non perdela.
  • A boa correspondencia as amistades conserva.
  • A quen queiras de corazón, dálle pares, nones non.
  • A quen tes que agarimar non o fagas chorar.
  • Amigos que loitan por un codelo, ou a fame é moita ou o querer é pequeno.
  • Amigos que se desaveñen por un pan, non saben o que é amistá.
  • Amistade que non conviñer, hase descoser mais non romper.
  • Ás amistades certas, portas abertas.
  • Cando un amigo pide, non hai mañá.
  • Co bo amigo collerás o teu trigo e venderás o teu viño.
  • Comadres e veciñas ás veces rifan e ás veces moi arniguiñas.
  • Conserva o amigo teu co vicio seu.
  • Entre amigos non hai cousa segreda.
  • Entre amigos, escribán e testigos.
  • Entre bos amigos están de máis os testigos.
  • Nunca queiras do amigo máis do que el quixer contigo.
  • Nunca queiras do teu amigo máis do que el quixer contigo.
  • O amigo e o cabalo non hai que cansalo.
  • O amigo e o cabalo, non o leves ao teu cabo.
  • Ó amigo hai que aturalo co seu vicio.
  • O amigo verdadeiro, deitalo no celeiro.
  • O amigo, sufrilo.
  • O bo amigo no ben e no mal está contigo.
  • Ó bo amigo non lle gardes segredo, que te expós a perdelo.
  • O bo amigo, co teu pan e co teu viño.
  • O dente e o amigo, sufrilo coa súa dor e co seu vicio.
  • Ó teu amigo dille a mentira; se che garda poridade, dille a verdade.
  • Ó teu amigo gáñalle un xogo e vólvello logo.
  • Os mellores amigos son os que rifan.
  • Para conserva-la amistade, parede no medio.
  • Para quen nos quere teñamos, que para quen non nos quere ternos de abondo.
  • Por un amigo non é pecado que se emborrache un home honrado.
  • Por un amigo xa se pode botar un gotiño.
  • Quen che dá un óso non te quere ver morto.
  • Se ao teu amigo dás unha cousa, non lle pidas outra.
  • Se ben me queres, trátame como debes.
  • Será teu amigo o que te tire do perigo.
  • ¡Malia o amigo que o foi do pai e non é do fillo!