"Na man" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 83.

    1. Desviación do que está considerado como normal ou natural por un sistema moral establecido.

    2. Singularidade que se presenta cando os valores obtidos dun conxunto de observacións dunha magnitude distan do valor medio obtido co total das observacións.

    3. Distorsión da cor ou da forma nunha imaxe fotográfica causada por un obxectivo.

      1. Discrepancia, nun sistema óptico, entre a imaxe real e a preeditada polas fórmulas habituais.

      2. Aberración dos sistemas dióptricos (lentes) que proxecta unha coloración ou irisación nos bordos da imaxe.

      3. Aberración que ten a súa orixe na forma da superficie do dióptrico ou na maneira de incidir o feixe luminoso sobre o dióptrico.

      4. Alteración que experimenta a frecuencia das ondas sonoras cando o punto emisor se achega ou se afasta do receptor.

    4. Anomalía no número ou na estrutura normal dos cromosomas.

    5. Fenómeno polo que a dirección aparente en que se ve un astro é diferente da dirección real.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Substancia que proporciona aos seres vivos enerxía e materias primas para a formación e reparación dos tecidos e os compostos químicos indispensables para o bo funcionamento e regulación dos mecanismos vitais.

      2. Aquilo que acotío se come e bebe nun tempo determinado.

      3. Aquilo que serve para manter unha cousa.

    1. Prestación económica que determinadas persoas están legalmente obrigadas a cumprir con familiares próximos co fin de que poidan cubrir as necesidades mínimas de subsistencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aspecto exterior.

    2. Signos exteriores conducentes a determinar un xuízo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cetáceo da suborde dos misticetos, da familia dos balénidos, dos neobalénidos e dos estríctidos que poden acadar ata os 30 m de lonxitude. Carecen de dentes e no seu lugar teñen barbas que actúan como filtro para reter o plancto do que se alimentan, especialmente de krill. Durante o verán habitan nos mares fríos e durante o inverno nos temperados, onde nacen as crías.

    2. Cada unha das láminas que presenta este mamífero na mandíbula superior que pola súa dureza ten diferentes aplicacións.

    3. Lámina de calquera material semellante ao que se extrae da mandíbula superior do cetáceo do mesmo nome.

    4. Balea, da familia dos escríctidos, de ata 15 m de lonxitude, coa aleta dorsal pouco prominente. Ten características anatómicas singulares e primitivas dentro das baleas.

    5. Balea ártica, da familia dos balénidos, de ata 20 m de lonxitude, que presenta manchas brancas debaixo da cabeza, que carece de calosidades e ten o beizo inferior branco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ara de madeira, xeralmente con puño, para levar na man e apoiarse ao camiñar.

    2. Caxato que se utiliza como insignia de mando ou autoridade.

    3. Instrumento alongado e manexable que se emprega para practicar algúns deportes como o golf ou o esquí.

    4. Un dos dous tipos de células receptoras visuais situadas na retina dos vertebrados que conteñen un pigmento fotosensible, a rodopsina.

    5. Un dos máis importantes símbolos de autoridade e honor entre os exipcios e os mesopotámicos.

      1. Instrumento prehistórico de óso ou de corno, cun burato ou dous a cada un dos extremos, a miúdo decorado con incisións.

      2. Obxecto moble fabricado sobre un fragmento de asta de cervo que presenta unha perforación nun dos extremos, acotío na galla.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Grupo aril-alquílico de fórmula C 6 H 5 CH 2 –.

    2. Líquido incoloro que se emprega na manufactura de perfumes, fármacos, colorantes e resinas artificiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fardo de roupa ou conxunto de cousas atadas que poden ser transportadas con facilidade na cabeza, na man ou mesmo debaixo do brazo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Portar na man unha arma, movéndoa en actitude ameazante.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Moverse unha cousa cunha traxectoria de arriba a abaixo a causa do seu propio peso.

      2. Ir bater unha persoa ou cousa no chan ou noutra superficie que o deteña a causa dunha perda de equilibrio.

      3. Separarse algunha cousa daquilo ao que estaba adherida ou suxeita.

      4. Ceder á acción da gravidade un obxecto suspendido sen desprenderse nin chegar ao chan.

      1. Coincidir un acontecemento cun período de tempo.

      2. Coincidir un día do mes cun día da semana. OBS: Con este significado sempre vai seguido da preposición en.

    1. Ter algunha cousa un resultado ou unha consecuencia dunha forma determinada. OBS: Emprégase frecuentemente cos adverbios ben e mal.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Reproducir coa voz unha melodía. Tm v i.

    2. Loar de forma literaria algunha cousa ou a alguén.

    3. Proclamar en alta voz, no xogo do bingo, que se completou unha liña ou o cartón enteiro.

    4. Facer, nalgúns xogos de cartas, como o tute, corenta ou vinte puntos.

    5. Declarar ou confesar cousas que se deberían manter en segredo.

    6. Emitir o seu canto as aves, os insectos e outros animais.

    7. Producir unha cousa un son peculiar ou característico.

    VER O DETALLE DO TERMO