alimento
alimento
lat alimentu allĕre ‘alimentar’
-
s
m
-
Substancia que proporciona aos seres vivos enerxía e materias primas para a formación e reparación dos tecidos e os compostos químicos indispensables para o bo funcionamento e regulación dos mecanismos vitais.
-
Aquilo que acotío se come e bebe nun tempo determinado.
-
Aquilo que serve para manter unha cousa.
-
-
s
m pl
[DER ]
Prestación económica que determinadas persoas están legalmente obrigadas a cumprir con familiares próximos co fin de que poidan cubrir as necesidades mínimas de subsistencia.
Citas
- A leña é o alimento do lume, Servir de alimento á curiosidade, Dar alimento a un vicio, a unha pasión
- O pan é o noso alimento diario
Refráns
- A barriga manda á perna.
- A bos e malos mantén a cidade.
- A burro vello, pouco verde.
- A cabalo cansado mudarlle o prado.
- A carne carne cría; e os peixes, auga fría.
- A galiña non pon do galo senón do papo.
- A galiña non pon polo galo senón polo papo.
- A galiña polo bico pon.
- Antes o pan có viño e antes o touciño có viño.
- Antes pan que viño, antes viño que touciño e antes touciño que liño.
- As galiñas así poñen, como comen.
- As galiñas, como comen, poñen.
- Besta sen cebada nunca fixo boa cabalgada.
- Burro vello tamén quere a súa cebada.
- Cada boca quere a súa sopa.
- Cebada do día non faí a cabalería.
- Come, nena, e criarte has; come, vello, e vivirás.
- Comendo ben, o traballo non mata a ninguén.
- Crían bo sangue o pan, o viño e a carne.
- Gato que non come, marre.
- Gran a gran a galiña mantense no inverno e no vran.
- Máis mantén pan duro que figo maduro.
- Non pon a galiña senón a fariña.
- O bo viña cría bo sangue.
- O burro do vilán é mulo no verán.
- O home mantido estira o frío.
- O lume é media mantenza; e enriba da cea, mantenza enteira.
- O mellar penso do cabalo está no olla do amo.
- O que mal pensa, cánsalle a besta.
- O viña dá forzas e a auga quítaas todas.
- O viña é o leite dos vellos.
- O viña é o sangue dos vellos.
- Pacen os poldros o mesmo uns que outros.
- Para vianda fría, estómago quente.
- Quen se mantén de pan, moi mal mantido non vai.
- Tanto andamos, como comemos.
- Un saco baleiro non se ten dereito.
- Viña acedo, touciño vello e pan centeo sosteñen a casa en peso.
- Vivirás longamente, se comes moito caldo e andas sempre quente.
- ¡Deus nos manteña e veña o que veña!