aparencia

aparencia

lat apparentĭa

Plural: aparencias
  1. s f

    Aspecto exterior.

  2. s f

    Signos exteriores conducentes a determinar un xuízo.

Sinónimos

Citas

  • Aparentaba moita tranquilidade pero ao longo da cerimonia estivo moi nervioso.
  • As aparencias sempre enganan, en primeiro lugar coñéceo ben e logo dirás
  • Collérono para o traballo porque ten moi boa aparencia

Frases feitas

  • En aparencia/na aparencia. loc adv Aparentemente. Ex: En aparencia ga

  • Gardar as aparencias. Disimular unha realidade que non interesa manifestar. Ex: Debes gardar as aparencias e seguir co teu labor discretamente.

Refráns

  • A boa presencia é carta de recomendación.
  • A cara lavada e a casa cagada.
  • A casa varrida di máis lucida.
  • A comida do fidalgo, pouco compango, caldo moito e mantel longo.
  • A compostura de moitas faltas disimula.
  • A fermosura moitas faltas disimula.
  • A moita cortesía é moitas veces falsía.
  • A moza da praza, a porta varrida e a casa enlixada.
  • A muller polida, a casa lixosa e a porta varrida.
  • Á porta do rezador non botes o millo ao sol.
  • A verdade anda na herdade.
  • Anque andemos rotos, este amos gordos.
  • Anque me ves que descalzo veño, tres pares de zocos teño.
  • Ave de moita pluma pouca carne ten.
  • Becerro manso mama a súa n ai e a out ras catro.
  • Boca de mel e mans de fel.
  • Cales barbas, tales mañas.
  • Cara de beato e unllas de gato.
  • De diñeiros e bondades, a metade das metades.
  • Debaixo da cinsa está a brasa escondida.
  • Debaixo de mel hai moitas veces fel.
  • Debaixo do bo saio atópase o home malo.
  • Debaixo do mel hai moitas veces fel.
  • Debaixo dunha mala capa hai ás veces un bo bebedor.
  • Detrás da cruz anda sempre o diaño.
  • Érguete ben, se podes, e parecerás máis home.
  • Fachenda da montaña, meda na eira e fame na casa.
  • Fame na casa, fanfurriña na praza.
  • Fidalgo honrado, antes roto que remendado.
  • Gabar coa boca e morder ca rabo, faise tódolos días do ano.
  • Gato berrador nunca foi cazador.
  • Gato maiador nunca foi rateador.
  • Gato maiador, nunca bo cazador.
  • Gato que moito miaña nunca moito caza.
  • Gato que moito miaña poucos ratos caza.
  • Hai moitos burros da mesma cor do coiro.
  • Inda que a mona se vista de seda, se mona era, mona queda.
  • Inda que visto de la, non coides que son carniceiro.
  • Madeiros hai que se douran, madeiros hai que se adouran, madeiros hai que se queiman e, ao cabo, todo é leña.
  • Máis vale na casa ser, que na festa mal parecer.
  • Manda sempre á praza o mellor mozo da casa.
  • Moita fachenda e pouca facenda.
  • Moitas causas que parecen sen razón, ás veces boas son.
  • Moitas olas ao lume e un garbanzo a cocer.
  • Moito falar e pouco saber, moito gastar e pouco ter, moito presumir e pouco valer, logo botan o home a perder.
  • Moitos arrotan para que se saiba que fartos se atopan.
  • Moza pobre e ben vestida cheira moito a chamusquiña.
  • Na súa casa non ten fariña e na allea pide galiña.
  • Na •casa, coma porqueiros; na rúa, coma cabaleiros.
  • Nin é ouro canto relace nin brilla canto se ve.
  • Non come miña tía e arrota todo o día.
  • Non é ourego todo o monte.
  • Non é ouro todo o que reloce.
  • Non hai fermoso que non teña algo noxoso.
  • Non me vexan pasar mal e non saberán as que teño que pasar.
  • Non son tantas as noces coma as voces.
  • Non son todos reiseñores os que cantan entre as flores.
  • Non ten que comer e convida hóspedes.
  • Non teño medo e vou tremando.
  • Nunca chove como trona.
  • O becerriño manso mama a súa nai e a outras catro.
  • O ben feito ben parece.
  • O bo fidalgo, primeiro roto que remendado.
  • O bo pano na hucha se vende, mais o malo verse quere.
  • O demo, farto de carne, mete use frade.
  • O lume do ladrón arde por baixo e por riba non.
  • O parecer non é querer nin é ser.
  • O que ben parece, de vagar crece.
  • O que con auga se cura, pouco dura.
  • O que máis traballo costa, máis fácil se mostra.
  • O que na súa casa come morriña, na casa allea quere carneiro e galiña.
  • Ó que non leva capa por Navidá, non hai que preguntarlle como lle vai.
  • O que parece que non tripa as herbas,. por ande pasa, tólleas.
  • O Sil leva a auga e o Miño ten a fama.
  • Onde coidas que hai touciños, hai estacas.
  • Onde non hai nada, a porta está sempre pechada.
  • Onde pensa que hai touciños non hai ganchos para colgalos.
  • Onde pensas que hai touciños, non hai tornos para colgalos.
  • Onde vai máis fondo o río fai menos ruído.
  • Os derradeiros son, ás veces, os primeiros.
  • Pan mol, moito na man e pouco no fol.
  • Pan quente, moito na man e pouco ventre.
  • Para pan non ternos e can mantemos.
  • Pola cara escóllese a dama.
  • Quitémo-Ias sospeitas e deixarannos face-Ias feitaso
  • Se boa cara tes, bos feitos farás / terás.
  • Se queres ser rico, calza de vaca e viste de fino.
  • Tal cabeza traio, cal siso teño.
  • Unllas de gato e cara de beato.
  • Vémo-Ias caras e non vémo-Ias intencións.
  • ¡Gárdate da auga mansa que non corre!
  • ¡Gárdate do gato que non miaña!
  • ¿Á ola ben amañada e ben guisada quén lle fai mala cara?