"Mercia" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 198.

  • Aplícase ao ácido xenobiótico que se emprega como herbicida en agricultura, e que tamén pode actuar de forma hormonal aumentando a proliferación celular. OBS: Tamén se denomina comercialmente 2,4-D.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera dos compostos que resultan da reacción directa dos aldehidos ou cetonas con alcohois en presenza de catalizadores ácidos.

    2. Nome comercial do 1,1-dietoxietano, que deriva do acetaldehido e do etanol. Emprégase como disolvente en síntese orgánica e en perfumaría.

    3. Polímero constituído por acetais nos que o alcohol combinado cos aldehidos é alcohol polivinílico. Emprégase na industria dos plásticos, vernices e pinturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos acetais.

    2. Materiais termoplásticos producidos a partir de aldehidos por polimeración de adición. As resinas acetálicas comerciais son os plásticos que máis se asemellan aos metais polas súas propiedades mecánicas e a súa estabilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de adiantar ou adiantarse.

      1. Pagamento anticipado ou empréstito.

      2. Empréstito ou póliza de crédito que concede un banco comercial a un cliente por un tempo indefinido.

    2. Diferenza entre a hora do cronómetro e a hora civil de Greenwich cando a primeira é posterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Produción de vexetais por medio do cultivo da terra co obxectivo de transformar o medio natural.

    2. Tipo de agricultura que ten á familia como unidade económica, non sendo a agricultura a súa principal actividade económica.

    3. Práctica agrícola que pretende eliminar os fertilizantes químicos e todo tipo de pesticidas de síntese.

    4. Agricultura comercial e intensiva caracterizada por ocupar parcelas de pequeno tamaño adoito cubertas por unha estrutura vidrosa ou plástica para protexer os cultivos de inclemencias climáticas.

    5. Sistema de agricultura extensiva que non precisa achega de auga por medios artificiais.

    6. Agricultura que cobre máis dun 50% das necesidades de alimentación dunha familia que lle achega a totalidade do traballo e do capital.

    7. Sistema de cultivo caracterizado polo predominio dos elementos naturais sobre o capital e o traballo.

    8. Sistema de cultivo caracterizado por un elevado investimento de traballo, fertilizantes e adoito capital.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á agricultura e á alimentación.

    2. Relativo ao produto agrícola acondicionado ou transformado industrialmente.

    3. Conxunto heteroxéneo de industrias que participan na produción, transformación, elaboración, acondicionamento e comercialización de produtos destinados á alimentación humana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Hostal que na Idade Media contaba cun conxunto de instalacións onde os comerciantes estranxeiros podían aloxarse e realizar as súas transaccións comerciais.

    2. Peixe, da familia dos tríglidos, de corpo e fociño alongados. Vive en fondos areosos e de lama desde 20 a 300 m de profundidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Establecemento en que se acumulan grandes cantidades de mercadorías para seren posteriormente distribuídas ou vendidas por xunto.

    2. Establecementos comerciais onde se venden todo tipo de artigos e produtos, divididos en seccións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos grupos amilo.

    2. Nome trivial dos alcois isómeros de fórmula C 5 H 11 OH e das súas mesturas que se ofertan a nivel comercial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Radical monovalente hipotético, de fórmula NH 4 , do que deriva o ión amonio e os sales amónicos.

    2. Composto utilizado en tintura, para conservar carnes e en medicina polas súas propiedades expectorantes e diuréticas.

    3. Designación xenérica dos radicais monovalentes -NR 4 , que resultan de substituír no radical amonio os catro hidróxenos por grupos alquilos e se aplican industrialmente como desinfectantes, funxicidas, desodorantes e deterxentes.

    4. Sólido que se utiliza para desengraxar materias téxtiles, en extintores de incendios, en levaduras químicas e en medicina como expectorante e carminativo.

    5. Substancia que se utiliza para os gravados en vidro, para abrillantar o aluminio e como esterilizante na industria da cervexa e do leite.

    6. Sólido cristalino que se obtén mediante a neutralización do ácido bromhídrico con amoníaco e que se utiliza en fotografía, en litografía, para facer ignífuga a madeira e en medicina como sedante de rápida absorción.

    7. Cristais que se empregan como fertilizante.

    8. Mestura de bicarbonato e de carbonato amónico que se utiliza en tintura, nos fermentos químicos e en medicina como expectorante e carminativo.

    9. Cristais que se empregan como electrólito en pilas secas ou en medicina como expectorante e diurético.

    10. Compostos que se empregan na fabricación de mistos e tamén en soldadura.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO