"ILE" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1118.

  • Forma sufixada que nun radical orgánico sinala a perda de dous hidróxenos, deixando dúas valencias libres, en dous átomos de carbono distintos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de abdicar.

      1. Abandono ou renuncia voluntaria dun cargo, dunha dignidade, dun privilexio ou dalgún outro dereito.

      2. Renuncia voluntaria dun monarca en favor de quen o segue na liña sucesoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fórmula cabalística máxica e ritual de orixe hebrea que se chegou a empregar como amuleto co fin de lle conferir á persoa un sentimento de protección. Nela os elementos gráficos dispóñense en once fileiras de xeito que se suprime sucesivamente en cada unha a última letra da anterior ata formar un triángulo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cuarto mes do ano no calendario gregoriano e segundo mes do primitivo ano romano que consta de trinta días.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao mes de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Unir dúas pezas de madeira encaixando unha noutra.

    2. Quedar varada unha embarcación nun cantil.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos acantodios.

    2. Peixe fósil da orde dos acantodios.

    3. Orde de peixes fósiles da subclase dos placodermos que viviron no Paleozoico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento formado por dúas pezas móbiles, unha de ferro e outra de madeira, unidas e rematadas en forma de gancho que se colocan no fociño de bois e équidos para evitar que se traben ao ser ferrados.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Graxa líquida de  procedencia animal ou vexetal. Está formada fundamentalmente por triglicéridos e por outros compoñentes como esteroides, hidrocarburos e vitaminas liposolubles.

      2. Graxa semisólida que se extrae da copra. Emprégase na industria alimentaria e na fabricación de xabóns.

      3. Aceite que se obtén de fígados preparados de bacallau. Emprégase como reconstituínte polo seu alto contido en vitaminas A e D.

      4. Aceite que se obtén da liñaza. Emprégase en medicina para combater a hipercolesterinemia.

      5. Líquido oleoso que se extrae  dos froitos maduros da oliveira. Emprégase en alimentación.

      1. Substancia untosa, comestible, líquida ou facilmente licuescente, insoluble en auga.

      2. Solución de alcanfor en aceites de oliva purificados. Emprégase como analéptico.

      3. Aceite obtido da semente do rícino. Emprégase como purgante do aparato dixestivo.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hidrocarburo aromático tricíclico, co esqueleto de acenaftileno. Emprégase na fabricación de colorantes e dalgúns materiais plásticos.

    VER O DETALLE DO TERMO