abracadabra

abracadabra

lat abracadabra hebr abreq ab hâbra ‘envía o teu raio ata a morte’

Plural: abracadabras
s m [LIT ]

Fórmula cabalística máxica e ritual de orixe hebrea que se chegou a empregar como amuleto co fin de lle conferir á persoa un sentimento de protección. Nela os elementos gráficos dispóñense en once fileiras de xeito que se suprime sucesivamente en cada unha a última letra da anterior ata formar un triángulo.

Palabras veciñas

abouxar abovedar abra abracadabra abracadabrante abracar abraiante