"AES" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 62.

    1. Considerar separadamente un atributo ou unha calidade, illándoo co pensamento.

    2. Non prestar interese a nada exterior para matinar só naquilo que se ten no pensamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Resultar agradable unha persoa.

    2. Combinar ben algunha cousa.

    3. Resultar axeitado ou apropiado a cada circunstancia concreta.

    4. Sentar ben un adorno ou roupa a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de accesible.

    2. Grao potencial de interacción dun espazo determinado co resto dunha unidade territorial de escala maior á que pertence. Mídese mediante relacións de mobilidade e a través dunhas infraestruturas e medios de transporte específicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Portaestandarte do exército romano que levaba a insignia nunha lexión. Adoitaba conter a representación dunha aguia, animal sacro de Xúpiter, como símbolo da autoridade imperial, así como a sigla SPQR (Senatus Populusque Romanorum) como expresión de onde proviña o poder que ao estamento militar se lle confería, e a quen había servir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer unha cousa aproximar a si a outra.

    2. Incitar unha persoa ou cousa a que algo se dirixa ao lugar no que está.

    3. Provocar simpatía, afección ou desexo de posesión.

    4. Centrar a atención do público.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que desenvolve unha acción.

    2. Persoa que ten a misión de obrar en representación de alguén.

    3. Poder ou causa activa que produce un efecto ou un fenómeno determinado.

    4. Aquel que executa actos que poden producir ou producen efectos xurídicos

      1. Aquel ou aquilo que realiza a acción expresada polo verbo.

      2. Complemento do verbo en voz pasiva, introducido xeralmente pola preposición por, que expresa a cousa ou persoa que realiza a acción.

    5. Papel actancial, segundo a tipoloxía de Greimas, desempeñado polos personaxes que cumpren determinados procesos ou accións.

    6. Substancia química natural ou de síntese que evita o desenvolvemento ou que é quen de eliminar os microorganismos patóxenos específicos dun proceso infeccioso.

    7. Persoa que pola súa profesión fai de intermediario en operacións comerciais de compra-venda de mercadorías.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Moverse unha cousa cunha traxectoria de arriba a abaixo a causa do seu propio peso.

      2. Ir bater unha persoa ou cousa no chan ou noutra superficie que o deteña a causa dunha perda de equilibrio.

      3. Separarse algunha cousa daquilo ao que estaba adherida ou suxeita.

      4. Ceder á acción da gravidade un obxecto suspendido sen desprenderse nin chegar ao chan.

      1. Coincidir un acontecemento cun período de tempo.

      2. Coincidir un día do mes cun día da semana. OBS: Con este significado sempre vai seguido da preposición en.

    1. Ter algunha cousa un resultado ou unha consecuencia dunha forma determinada. OBS: Emprégase frecuentemente cos adverbios ben e mal.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Espazo do que se dispón no interior dalgunha cousa.

      2. Propiedade de poder conter algo ata un límite determinado.

      3. Número máximo de bits, caracteres, palabras ou outra unidade de medida que se poden almacenar nun dispositivo de memoria.

      4. Número de individuos que pode manter unha área sen deteriorarse.

      5. Cantidade de aire expulsado nunha expiración forzada.

    1. Circunstancia ou calidade que posúen as persoas consistente en ser capaz de realizar algunha cousa.

      1. Aptitude, disposición ou dotes intelectivos necesarios para realizar ou comprender algunha cousa.

      2. Conxunto de aptitudes innatas ou adquiridas que un individuo pon en funcionamento para acadar un rendemento axeitado en calquera dos ámbitos da cultura.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arbusto, da familia das fabáceas, con talo alado e sen follas, con tres dentes nos nós. As flores pentámeras son de corola cigomorfa de cor amarela e o froito en legume. É común en bosques e matogueiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coñecemento do obxecto, fronte á aestimatio ou xuízo da súa esencia, na preceptiva aristotélica, que se perfila como un dos obxectivos das artes teóricas, orientado cara á contemplación dunha realidade determinada.

    VER O DETALLE DO TERMO