aquilífero

aquilífero

lat aquilifĕru ‘que leva a aguia’

Plural: aquilíferos
s m [HIST/BÉL ]

Portaestandarte do exército romano que levaba a insignia nunha lexión. Adoitaba conter a representación dunha aguia, animal sacro de Xúpiter, como símbolo da autoridade imperial, así como a sigla SPQR (Senatus Populusque Romanorum) como expresión de onde proviña o poder que ao estamento militar se lle confería, e a quen había servir.

Palabras veciñas

aquilatar aquilea aquilía aquilífero aquilino -na aquillado -da aquilo