axente
lat agens -ntis ‘o que fai’
-
adx
Que desenvolve unha acción.
-
s
Persoa que ten a misión de obrar en representación de alguén.
-
s
m
Poder ou causa activa que produce un efecto ou un fenómeno determinado.
-
s
m
[DER ]
Aquel que executa actos que poden producir ou producen efectos xurídicos
-
s
m
-
Aquel ou aquilo que realiza a acción expresada polo verbo.
-
Complemento do verbo en voz pasiva, introducido xeralmente pola preposición por, que expresa a cousa ou persoa que realiza a acción.
-
-
s
m
[LIT ]
Papel actancial, segundo a tipoloxía de Greimas, desempeñado polos personaxes que cumpren determinados procesos ou accións.
-
axente antiinfeccioso
[BIOQ ]
Substancia química natural ou de síntese que evita o desenvolvemento ou que é quen de eliminar os microorganismos patóxenos específicos dun proceso infeccioso.
-
axente comercial
[DER ]
Persoa que pola súa profesión fai de intermediario en operacións comerciais de compra-venda de mercadorías.
-
axente de cambio e bolsa
[ECON ]
Profesional que actúa como mediador nas transmisións de títulos-valores cotizables na bolsa.
-
axente de policía
Membro da policía.
-
axente dobre
Axente secreto ao servizo de dous gobernos rivais, que pasa información manipulada a un dos dous países para conseguir as informacións verdadeiramente interesantes para o outro país.
-
axente secreto
Persoa que realiza misións de espionaxe e de contraespionaxe.
Citas
- A empresa mandou os seus axentes comerciais polas casa para vender mellor o producto
- A folla do libro foi rachada polo neno (construcción pasiva onde neno
- complemento do verbo
- Debemos ter coidado con estes axentes químicos que poden provocar grandes catástrofes
- é o axente)
- é o axente) fronte a O neno rachou a folla do libro (construcción activa, onde neno
- Luís le un libro, onde Luís é o axente
- O suxeito axente do crime conseguiu escapar sen deixar rastro
- suxeito