"10" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 288.

  • Ácido composto que se emprega como intermediario na síntese de colorantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade de corrente eléctrica no sistema CGS-electromagnético. Equivale a 10 amperes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás grandes profundidades oceánicas.

    2. Fauna que habita as grandes profundidades mariñas. Adoitan ser negros ou de tonalidades escuras, presentando, a miúdo, órganos luminosos.

    3. Zona mariña comprendida entre os 800 e os 10.000 m de profundidade.

    4. Sedimentos formados nos fondos submarinos a máis de 2.000 m de profundidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Líquido empregado para preparar a hexametilendiamina, materia prima do nailon 66 e do nailon 610.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade monetaria de Afganistán. Subdivídese en 100 puls.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Mestura de gases que forma a atmosfera terrestre. Nas capas baixas da atmosfera, o aire perfectamente seco ten a seguinte composición en volume: nitróxeno 78,084%, osíxeno 20,946%, argon 0,934%, dióxido de carbono 0,033%, outros gases raros 0,002%. Ademais destes compoñentes, o aire contén outros gases impurezas, coma o vapor de auga, ozono, amoniaco, hidrocarburos. O aire ten unha importancia vital, xa que o osíxeno que contén intervén na respiración das plantas e dos animais.

      2. Nome xenérico dado antigamente aos gases.

    1. O aire como medio, por oposición á terra e á auga.

    2. ento de pouca intensidade.

      1. Aparencia ou aspecto que posúe algo ou alguén con respecto a outro elemento ou persoa.

      2. Actitude expresiva dunha calidade persoal ou emoción.

    3. Estado de debilidade causado nunha persoa polo mal de ollo.

    4. Aire que, tratado nun aparato ou instalación de acondicionamento do aire, presenta as condicións higroscópicas, térmicas e de depuración axeitadas para crear e manter nun habitáculo un ambiente de características predeterminadas.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cada un dos apéndices que posúen os peixes, que ás veces teñen unha función locomotora, pero sempre estabilizadora, compensadora e de temón.

      2. Apéndice doutros animais acuáticos semellante á aleta dos peixes.

    1. Calzado de goma en forma de pa que usan as persoas para impulsarse ao nadar ou ao bucear.

    2. Peza ou parte dun obxecto que sobresae a xeito de á.

      1. Saínte de certas bombas de aviación que as estabiliza na súa traxectoria.

      2. Peza das armas Mauser que serve para pousala en situación de seguridade, de desmontaxe ou de tiro.

    3. Cada unha das paredes que nas pontes e sumidoiros serven para conter as terras e guiar as augas.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cada un dos signos usados para a representación sistemática de cantidades.

      2. Signo de orixe árabe que representa os números no sistema decimal.

      3. Signo que representa os números no sistema de numeración romana (I=1, V=5, X=10, L=50, C=100, D=500, M=1.000).

    1. Procedemento de cálculo que consiste en cumprir unha serie de instrucións ordenadas e finitas que conducen á solución do problema.

    2. Sucesión de divisións enteiras que conducen á determinación do máximo común divisor (mcd) de dous números enteiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto químico presente no allo, responsable fundamental do cheiro da planta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos almorábides.

    2. Individuo da seita islámica almorábide.

    3. Seita islámica orixinaria do Sáhara, fundada en 1042 por ‘Abd Allāh ibn Yāsīn.

    VER O DETALLE DO TERMO