aleta

aleta

dim de ala

Plural: aletas
  1. s
    1. Cada un dos apéndices que posúen os peixes, que ás veces teñen unha función locomotora, pero sempre estabilizadora, compensadora e de temón.

    2. Apéndice doutros animais acuáticos semellante á aleta dos peixes.

  2. s f

    Calzado de goma en forma de pa que usan as persoas para impulsarse ao nadar ou ao bucear.

  3. s f

    Peza ou parte dun obxecto que sobresae a xeito de á.

  4. s f
    1. Saínte de certas bombas de aviación que as estabiliza na súa traxectoria.

    2. Peza das armas Mauser que serve para pousala en situación de seguridade, de desmontaxe ou de tiro.

  5. s f [IND ]

    Cada unha das paredes que nas pontes e sumidoiros serven para conter as terras e guiar as augas.

    1. s

      Cada unha das pezas de madeira de forma curva que constitúen a última caderna de popa.

    2. s

      Parte do barco comprendida entre as marcacións de 10 e 14 cuartas (aletas de estribor) e entre as 18 e 22 cuartas (aletas de babor).

    3. s

      Cada un dos costados da embarcación inmediatos ao reviro de popa.

    4. aleta estabilizadora

      Cada unha das pezas de forma parecida á á dun avión que sobresaen desde o comezo ata a alzada do pantoque.

Citas

  • Atoparon unha bomba soterrada gracias á aleta que sobresaía
  • Estiveron reparando a aleta do avión para facilitar o seu voo
  • Nadaba moito máis rápido gracias ás aletas que tiña nos pés
  • Rompín a aleta dereita do coche contra aquel muro