"RSA" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1107.

    1. Relativo ou pertencente aos arsácidas.

    2. Membro da dinastía dos arsácidas.

    3. Dinastía orixinaria de Partia que substituíu o Imperio Selxúcida no dominio de Irán e Armenia, onde, a partir do 54, reinou unha rama colateral que foi destroada polos sasánidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao ácido do que se obtén un sal sódico, denominado atoxil, que se emprega en medicina. OBS: Tamén se denomina ácido atoxílico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aminoácido esencial para o crecemento que é constituínte universal das proteínas, e se presenta particularmente en proporcións moi elevadas nas protaminas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome que os exploradores e caravaneiros de África oriental lles daban aos homes armados que os protexían.

    2. Soldado do corpo de infantaría que creou, no s XVIII, o sultán de Marrocos Sidī Muḥamad e que deu orixe á súa garda persoal.

    3. Soldado indíxena, que nos ss XIX e XX foi recrutado polas tropas coloniais de diversas potencias europeas en países de tradición islámica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Xuntanza de persoas reunidas para deliberar e tomar acordos.

      1. Toque de timbal ou trompeta para a reunión e formación das tropas.

      2. Reunión numerosa de tropas para ser instruídas ou para entrar en campaña.

    2. Reunión de todos os compoñentes dunha sociedade, corporación e, en xeral, de calquera persoa xurídica, que constitúe o máximo órgano deliberante.

    3. Congreso dun partido político.

    4. Asemblea extraordinaria que establece un novo texto constitucional.

    5. Órgano composto por todos os traballadores da empresa que ten a finalidade de controlar os representantes obreiros nos diferentes espazos de actuación dentro da empresa.

    6. Reunión de fieis destinada a proclamar e escoitar a palabra de Deus contida na Biblia ou a celebrar a Eucaristía.

    7. Cámara baixa ou primeira cámara da República francesa, que ten a súa sede no Palais Bourbon de París. Está formada por 577 deputados, elixidos mediante sufraxio universal, directo e secreto cada cinco anos.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de asociar ou de asociarse.

    2. Rango básico no sistema fitosociolóxico de clasificación. O nome fórmase a partir do nome científico dunha ou de dúas plantas presentes na diagnose orixinal do sintaxon e defínese por uns inventarios florais.

    3. Unión de diversas persoas cun vínculo xurídico para un fin común.

    4. Agrupación de diversas persoas, vinculadas xuridicamente, para a obtención dun fin non lucrativo que exclúe a obtención por parte dos asociados dunha ganancia proporcional ás cotas ou participacións preestablecidas.

    5. Unidade ecolóxica na que dúas ou máis especies se atopan máis frecuentemente emparelladas do que se esperaría se se desenvolvesen independentemente.

    6. Figura que consiste en aplicar a moitos iso que se refire implicitamente a un só.

    7. Formación de especies moleculares relativamente complexas pola unión de dúas ou máis moléculas simples dunha mesma substancia.

    8. Grupo formado cos tipos taxonómicos de solos que aparecen xuntos nunha rexión e que presentan unha determinada relación entre eles.

    9. Agrupación dos propietarios de terreos suxeitos ao sistema de execución urbanística de cooperación que, ademais de achegar os terreos de cesión obrigatoria, colaboran coa administración pública na execución das obras de urbanización.

    10. Cultivo simultáneo de dúas ou máis plantas de diferentes especies sobre o mesmo terreo para acadar un maior rendemento económico ou unha mellora na calidade da produción.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á astrofísica.

    2. Persoa versada en astrofísica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á astronáutica.

    2. Persoa versada en astronáutica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa versada en astronomía.

    2. Persoa que se dedica a observar corpos celestes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de atacar.

    2. Conxunto de accións parciais para avanzar sobre a posición inimiga ata ocupala.

    3. Acceso dunha doenza de carácter mental ou físico que se presenta bruscamente.

    4. Operación que pon ao descuberto a estrutura dos metais e aliaxes no microscopio, cun reactivo de efecto diferencial sobre os distintos cristais ou constituíntes dos metais.

    5. Iniciativa para sobrepasar o adversario.

    6. Acción destrutiva dunha substancia sobre un material ou, ás veces, modificación das características iniciais do material.

    7. Conxunto de xogadores que, no fútbol, ocupan a dianteira e  teñen como misión principal marcar goles.

    8. Lugar onde comeza propiamente unha ascensión ou escalada en alpinismo.

    VER O DETALLE DO TERMO