ataque

ataque

atacar

Plural: ataques
  1. s m

    Acción e efecto de atacar.

  2. s m [BÉL ]

    Conxunto de accións parciais para avanzar sobre a posición inimiga ata ocupala.

  3. s m [PAT ]

    Acceso dunha doenza de carácter mental ou físico que se presenta bruscamente.

  4. s m [IND ]

    Operación que pon ao descuberto a estrutura dos metais e aliaxes no microscopio, cun reactivo de efecto diferencial sobre os distintos cristais ou constituíntes dos metais.

  5. s m [DEP ]

    Iniciativa para sobrepasar o adversario.

  6. s m [QUÍM ]

    Acción destrutiva dunha substancia sobre un material ou, ás veces, modificación das características iniciais do material.

  7. s f liña de ataque [DEP ]

    Conxunto de xogadores que, no fútbol, ocupan a dianteira e  teñen como misión principal marcar goles.

  8. s m punto de ataque [DEP ]

    Lugar onde comeza propiamente unha ascensión ou escalada en alpinismo.

Confrontacións

agresión, ofensiva

Citas

  • Os soldados temían o ataque dos tanques, Non se librou do ataque dos seus alumnos por suspender á maioría da clase