"Pin" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1044.

    1. Relativo ou pertencente á Ática ou aos  seus habitantes.

    2. Relativo á antiga Ática; por extensión, a Atenas e aos  atenienses.

    3. Aplícase ao estilo literario ou artístico puro, simple e dunha elegancia refinada.

    4. Natural ou habitante da Ática.

    5. Dialecto grego falado en Atenas na época clásica. O ático converteuse en lingua literaria na época da hexemonía ateniense.

    6. Cerámica elaborada na Ática da Antigüidade que se caracteriza por unha decoración xeométrica e que data de 900 a 700 a C.

    7. Fase tectónica do ciclo neoalpino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcaloide tóxico que se atopa na beladona, no estramonio e noutras solanáceas. Ten tamén unha importante utilización médica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á atropina.

    2. Calquera dos fármacos de acción parasimpaticolítica semellante á da atropina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anisaldehido sintético.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composto formado por hidróxeno e osíxeno que se atopa na natureza en forma de vapor, líquido ou sólido, e que constitúe, aproximadamente, unhas tres cuartas partes en peso da codia terrestre. Tamén forma parte dos tecidos de animais e plantas.

    2. Elemento líquido que chega das nubes en forma de chuvia.

    3. Cada unha das vertentes do tellado.

    4. O mesmo líquido cando ofrece algunha propiedade curativa e, por extensión, o lugar onde se poden beber ou bañarse nelas.

      1. Auga gasosa que contén disolto dióxido de carbono e ácido carbónico libre.

      2. Auga que contén gases na disolución.

      3. Auga de fonte que ten características especiais de composición que lle confiren certas propiedades terapéuticas.

      4. Auga apta para a alimentación ou para a preparación e elaboración de alimentos.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mollar unha cousa esparexendo pingas de auga para que se manteña húmida.

    2. Engadir auga en exceso a calquera preparado.

    3. Adulterar con auga.

    4. Turbar ou malograr unha festa, unha cerimonia, un xogo, unha alegría ou calquera diversión.

    5. Frustrarse un proxecto ou actividade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia empregada antigamente como solvente de vernices e pinturas e que na actualidade se emprega na industria química, na do caucho, e tamén en medicina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Contorno luminoso ou dourado que rodea a cabeza das imaxes esculpidas ou pintadas, especialmente as da iconografía cristiá.

      1. Coroa que rodea a Lúa nos eclipses solares.

      2. Anel luminoso de cor branca azulada e difusa, que aparece ás veces arredor do Sol, da Lúa ou doutros astros. 

    2. Luz azulada que aparece arredor das lámpadas cando o aire dunha mina contén grisú.

    3. Círculo luminoso que envolve un obxecto.

    4. Opinión favorable que se ten dunha persoa polos seus méritos ou virtudes.

    5. Fenómeno óptico en forma de contorno anular, de luminosidade e de coloración difusas, que aparece ás veces envolvendo os obxectos que se observan a través dun sistema óptico.

    6. Zona de contacto, tamén chamada auréola metamórfica, entre unha masa intrusiva e as rochas que a encaixan.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Austria ou aos  seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Austria.

    3. Escola de pensamento económico, que se caracterizaba por empregar un método antihistoricista e antifuncionalista, influído polo positivismo do círculo de Viena. 

    4. Fases tectónicas do ciclo paleoalpino que se atoparon cara ao límite Aptiano-Albiano e Albiano-Cenomaniano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dereito e poder de rexer ou de dirixir.

      1. Poder regular exercido sobre unha ou varias colectividades de forma que reciban unha certa orde de subordinación e superordinación, así como un sistema de dereitos e deberes.

      2. Que admite a necesidade dunha autoridade soberana.

    2. Persoa investida de propiedades imperativas.

    3. Coñecemento que alguén ten sobre unha materia ou asunto, polo que a súa opinión prevalece sobre a dos demais.

    4. Persoa que domina unha certa materia ou asunto.

    VER O DETALLE DO TERMO