ático -ca
ático -ca
gr Ảττικός ‘ático’
-
adx
Relativo ou pertencente á Ática ou aos seus habitantes.
-
adx
Relativo á antiga Ática; por extensión, a Atenas e aos atenienses.
-
adx
Aplícase ao estilo literario ou artístico puro, simple e dunha elegancia refinada.
-
s
Natural ou habitante da Ática.
-
s
m
[LING ]
Dialecto grego falado en Atenas na época clásica. O ático converteuse en lingua literaria na época da hexemonía ateniense.
-
cerámica ática
[ARQUEOL ]
Cerámica elaborada na Ática da Antigüidade que se caracteriza por unha decoración xeométrica e que data de 900 a 700 a C.
-
fase ática
[XEOG ]
Fase tectónica do ciclo neoalpino.