"Meir" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 910.

      1. Colección sistemática de mapas ou esquemas cartográficos.

      2. Colección de mapas celestes que ordena desde os poucos centenares de estrelas máis brillantes ata os millóns de estrelas visibles só con grandes telescopios.

      3. Recompilación de datos meteorolóxicos expostos sobre a base cartográfica dun territorio en concreto.

      4. Conxunto de mapas que reflicten a distribución espacial dos feitos lingüísticos.

      5. Compilación de mapas.

    1. Colección sistemática de láminas, debuxos, cadros ou tablas destinadas a facilitar a comprensión dunha obra.

    2. Primeira vértebra dos tetrápodos, articulada co cranio. Ten forma de arco, e o seu corpo está soldado á segunda vértebra ou axe.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Doutrina filosófica iniciada por Leucipo que defende que os principios da realidade son os átomos e o baleiro.

      2. Teoría de Bertrand Russell e de Ludwig Wittgenstein que defende que a estrutura do mundo está composta duns elementos absolutamente primeiros, coñecidos de xeito inmediato, que son o residuo último da análise lóxica.

    1. Conxunto de teorías que conciben a psique como unha composición de elementos psíquicos simplemente xustapostos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de desnutrición, deshidratación e gran debilidade orgánica que pode aparecer na primeira infancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Admisión para ser oído, principalmente cando a concede algunha autoridade.

    2. Conxunto de persoas que asiste a un espectáculo ou que decide sintonizar un programa dun medio de comunicación.

    3. Lugar onde se xuntan os Tribunais de Xustiza para celebrar as audiencias.

      1. Acto de escoitar a calquera persoa que intervén nun proceso xudicial.

      2. Acto de dar a unha parte ou a un interesado a oportunidade de formular alegacións en defensa dos seus dereitos nun proceso xudicial.

    4. Órgano colexiado para a administración de xustiza, que polo xeral encarna a suprema instancia.

      1. Tribunal do bispo.

      2. Xurisdición recoñecida aos  bispos polo emperador Constantino (318), con tendencia a ser limitada aos  asuntos entre clérigos.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biografía que un autor fai de si mesmo, normalmente en primeira persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao primeiro proceso práctico necesario para a obtención de fotografías a cor, inventado en Francia en 1906 polos irmáns Lumière.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Narración en primeira persoa de carácter ficticio, na que o autor real se desdobra e aparece como narrador e personaxe no propio relato.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que realiza algunha cousa.

    2. Produtor orixinal dunha obra artística.

    3. Persoa que publicou validamente por primeira vez a descrición dun taxon determinado.

    4. Persoa que participa nun delito ou falta mediante a execución directa do feito punible.

    5. Conxunto de dereitos subxectivos e facultades xurídicas exclusivas e potestativas que corresponden aos  autores dunha obra literaria, científica, musical, dramática ou artística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación de xenotipos diferentes na apogamia por causa da segregación xenética da primeira meiose.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Insecto himenóptero, da familia dos véspidos, que presenta unha amosega típica nos ollos compostos e prega lonxitudinalmente as ás ao pousarse.

    2. Insecto himenóptero que de adulto presenta dous pares de ás e no que o primeiro segmento abdominal, fusionado co tórax, articúlase co segundo segmento abdominal, orixinando unha especie de cintura estreita.

    VER O DETALLE DO TERMO