autor -ra
autor -ra
lat auctōre ‘o que aumenta’
-
s
Persoa que realiza algunha cousa.
-
s
[LIT ]
Produtor orixinal dunha obra artística.
-
s
[BIOL ]
Persoa que publicou validamente por primeira vez a descrición dun taxon determinado.
-
s
[DER ]
Persoa que participa nun delito ou falta mediante a execución directa do feito punible.
-
dereitos de autor
[DER ]
Conxunto de dereitos subxectivos e facultades xurídicas exclusivas e potestativas que corresponden aos autores dunha obra literaria, científica, musical, dramática ou artística.
Citas
- A autora deste cadro é unha veciña miña
- O autor do asasinato está en liberdade