atomismo

atomismo
Plural: atomismos
    1. s

      Doutrina filosófica iniciada por Leucipo que defende que os principios da realidade son os átomos e o baleiro.

    2. atomismo lóxico

      Teoría de Bertrand Russell e de Ludwig Wittgenstein que defende que a estrutura do mundo está composta duns elementos absolutamente primeiros, coñecidos de xeito inmediato, que son o residuo último da análise lóxica.

  1. s m [PSIC ]

    Conxunto de teorías que conciben a psique como unha composición de elementos psíquicos simplemente xustapostos.