audiencia

audiencia

lat audĭentĭa

Plural: audiencias
  1. s f

    Admisión para ser oído, principalmente cando a concede algunha autoridade.

  2. s f [COMUN ]

    Conxunto de persoas que asiste a un espectáculo ou que decide sintonizar un programa dun medio de comunicación.

  3. s f [DER ]

    Lugar onde se xuntan os Tribunais de Xustiza para celebrar as audiencias.

  4. s f
    1. Acto de escoitar a calquera persoa que intervén nun proceso xudicial.

    2. Acto de dar a unha parte ou a un interesado a oportunidade de formular alegacións en defensa dos seus dereitos nun proceso xudicial.

  5. s f [HIST/DER/ADM ]

    Órgano colexiado para a administración de xustiza, que polo xeral encarna a suprema instancia.

  6. audiencia episcopal
    1. Tribunal do bispo.

    2. Xurisdición recoñecida aos  bispos polo emperador Constantino (318), con tendencia a ser limitada aos  asuntos entre clérigos.

  7. Audiencia Nacional [DER ]

    Tribunal con sede en Madrid e cunha xurisdición que abarca todo o Estado español. Está composto por tres salas: do penal, do contencioso-administrativo e do social.

  8. Audiencia Provincial [DER ]

    Tribunal, no Estado español, que xulga en primeira instancia causas penais por delitos graves, e en grao de apelación causas civís e penais por delitos menos graves.

  9. audiencia pública [DER ]

    Celebración de determinados actos dos procesos xudiciais, e en especial as vistas civís e os xuízos orais penais, coa posible e libre asistencia.

  10. Audiencia Real [HIST/DER/ADM ]

    Tribunal do rei, organismo superior de goberno nos reinos vencellados á Coroa de Castela durante a Idade Moderna, de extraordinaria importancia xurídica durante os ss XVI e XVII.

Palabras veciñas

audibilidade audible audición audiencia audímetro audio audio-