"FERE" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1656.

  • Que non está segmentado ou diferenciado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia orgánica que ten polo menos unha función amina e unha función cetona sobre carbonos diferentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de amplo.

    2. Arco de horizonte comprendido entre o punto cardinal L ou O e a vertical do astro considerado.

    3. alor máximo que alcanza unha magnitude vibratoria ou oscilante nun semiperíodo.

    4. Diferenza entre o valor máis alto e o máis baixo que adopta unha variable, dentro dun alcance dado.

    5. Diferenza entre os valores extremos dun elemento do clima, como a temperatura e a presión.

    6. Diferenza de altura entre unha preamar e a baixamar posterior.

    7. Diferenza alxébrica entre os valores extremos dunha magnitude vibratoria ou oscilante nun período.

    8. Diferenza entre a media das alturas de dúas preamares consecutivas e a baixamar que ten lugar entre as dúas.

    9. Relación entre o valor máximo ou amplitude e o valor eficaz, nunha corrente alterna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Discontinuidade entre dúas masas de aire de diferente densidade, que se mantén ben marcada ata o chan, en que o aire activo é máis rápido ca o pasivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non sabe escribir ou ler dun xeito comprensivo ou que non entende explicacións referentes á vida cotiá. Tm s.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Exame das partes constituíntes dun todo, separadamente ou en relación a aquel.

    2. Estudo esmerado e coidadoso dun escrito, discurso, teoría ou calquera outro complexo discursivo.

    3. Descomposición dunha imaxe nunha serie de puntos mediante un analizador.

    4. Proceso de investigación que consiste tanto na redución dun composto nas súas partes simples, como na regresión, realizada mediante procesos de razoamento, dirixida aos fundamentos dunha proposición que se intenta probar ou na procura de estruturas subxacentes ao obxecto de estudo que se propón.

    5. Expresión de termos nunha ecuación de movemento que se realiza por medio de enerxías de cantidades non dimensionais.

    6. Determinación dos seres vivos contidos no solo que permite estimar a fertilidade do solo estudado.

    7. Análise da composición, das propiedades, do valor alimenticio, da conservación e do estado químico e sanitario dos produtos naturais ou artificiais destinados á alimentación humana ou animal.

    8. Análise de sangue, de ouriños ou doutros líquidos e produtos da secreción corporal.

    9. Eido das matemáticas destinado á resolución de problemas que consisten en escoller e colocar os elementos dos conxuntos, habitualmente finitos, de acordo cunhas certas leis ben establecidas. OBS: Tamén se denomina de teoría combinatoria.

    10. Análise non baseada en medidas precisas e supostos cuantitativos.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que analiza.

    2. Prisma de Nicol ou outro sistema óptico que, nun polarímetro, recibe a luz que lle envía o polarizador.

    3. Aparato que permite facer a análise química cuantitativa dun ou varios dos compoñentes dunha mostra. Empréganse en industria, en análise clínica e en oceanografía.

    4. Aparato industrial destinado a medir a composición dos fumes ou gases producidos nunha combustión.

    5. Aparato de medida electrónico que ten por finalidade efectuar nun transistor as medidas que permiten obter os parámetros, as características e o comportamento nunhas condicións dadas.

    6. Nome dado aos primeiros calculadores analóxicos.

    7. Cada un dos sistemas sensoriais exteroceptivos (analizadores periféricos), dos nervios aferentes e dos centros nerviosos corticais (analizadores centrais), na escola de Paulov.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relación entre dúas ou máis cousas que teñen algo en común.

    2. Semellanza entre diferentes culturas baseadas nunha evolución converxente e independente.

    3. Semellanza funcional entre órganos de estrutura e de orixe filoxenética distintas.

    4. Método de aplicación da lei por medio da que unha norma que regula un caso determinado se fai extensiva a casos non previstos pero análogos ou semellantes con identidade de razón.

    5. Correlación entre cada un dos termos de dúas ou máis ordes.

    6. Similitude entre o número e a forma das ecuacións diferenciais de dous sistemas físicos.

    7. Proceso histórico que fai que certas palabras pasen dun paradigma a outro xeralmente máis regular.

    8. Transposición ao pasado da observación das culturas actuais co fin de comprender as relacións de comportamento que subxacen á produción do rexistro arqueolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Debuxo deformado dun obxecto que, visto desde un certo punto de vista ou por reflexión nun espello curvo, aparece regular, sen ningunha deformación.

    2. Deformación teratolóxica que chega a facer practicamente irrecoñecible un vexetal.

    3. Compresión dunha imaxe por medios mecánicos, gráficos ou ópticos.

    4. Procedemento que designa a representación dun referente cunha perspectiva deformada.

    5. Segmentación incompleta que presentan as larvas dalgúns mandibulados no momento do nacemento.

    VER O DETALLE DO TERMO