amplitude

amplitude

lat amplitudĭne

Plural: amplitudes
  1. s f

    Calidade de amplo.

  2. s f [ASTRON ]

    Arco de horizonte comprendido entre o punto cardinal L ou O e a vertical do astro considerado.

  3. s f [FÍS ]

    alor máximo que alcanza unha magnitude vibratoria ou oscilante nun semiperíodo.

  4. s f [MAT ]

    Diferenza entre o valor máis alto e o máis baixo que adopta unha variable, dentro dun alcance dado.

  5. s f [METEOR ]

    Diferenza entre os valores extremos dun elemento do clima, como a temperatura e a presión.

  6. amplitude de marea [MAR ]

    Diferenza de altura entre unha preamar e a baixamar posterior.

  7. amplitude dobre [FÍS ]

    Diferenza alxébrica entre os valores extremos dunha magnitude vibratoria ou oscilante nun período.

  8. amplitude media da marea [MAR ]

    Diferenza entre a media das alturas de dúas preamares consecutivas e a baixamar que ten lugar entre as dúas.

  9. factor de amplitude [ENX ]

    Relación entre o valor máximo ou amplitude e o valor eficaz, nunha corrente alterna.

Sinónimos

Confrontacións

anchura

Citas

  • A amplitude desta habitación fai que sexa moi cómoda