"Bor" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 2026.

    1. Produción de vexetais por medio do cultivo da terra co obxectivo de transformar o medio natural.

    2. Tipo de agricultura que ten á familia como unidade económica, non sendo a agricultura a súa principal actividade económica.

    3. Práctica agrícola que pretende eliminar os fertilizantes químicos e todo tipo de pesticidas de síntese.

    4. Agricultura comercial e intensiva caracterizada por ocupar parcelas de pequeno tamaño adoito cubertas por unha estrutura vidrosa ou plástica para protexer os cultivos de inclemencias climáticas.

    5. Sistema de agricultura extensiva que non precisa achega de auga por medios artificiais.

    6. Agricultura que cobre máis dun 50% das necesidades de alimentación dunha familia que lle achega a totalidade do traballo e do capital.

    7. Sistema de cultivo caracterizado polo predominio dos elementos naturais sobre o capital e o traballo.

    8. Sistema de cultivo caracterizado por un elevado investimento de traballo, fertilizantes e adoito capital.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten un sabor combinado de agrio e doce.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á agricultura e á alimentación.

    2. Relativo ao produto agrícola acondicionado ou transformado industrialmente.

    3. Conxunto heteroxéneo de industrias que participan na produción, transformación, elaboración, acondicionamento e comercialización de produtos destinados á alimentación humana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Botar gromos unha planta ou árbore.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Árbore, da familia das lauráceas, moi cultivada na maioría dos países cálidos polo seu froito.

    2. Froito tropical en baga da árbore do mesmo nome, de aspecto arredondado e unha polpa manteigosa que cobre unha única e gran carabuña.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer máis agudo. Tm v pron.

    2. Filtrar os programas de debuxo que afinan o foco dunha zona delimitada para resaltar unha imaxe borrosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que acaba en punta.

    2. Aplícase á folla cando os seus bordos forman un ángulo agudo no ápice.

      1. Aplícase ao fonema en que o seu segundo formante se manifesta cunha frecuencia elevada, superior, normalmente, aos 1.400 ciclos por segundo.

      2. Aplícase ao fonema consonántico articulatoriamente constituído por dúas cavidades de resonancia bucal (/t/-/d/).

    3. Son alto, dun número de vibracións por segundo maior ca os dos graves ou baixos.

    4. Enfermidade que ten un curso relativamente rápido.

    5. Palabra en que a sílaba tónica é a última.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Barriña de metal ou doutra materia dura, acabada en punta.

      1. Barra pequena, fina e longa, normalmente de metal, rematada en punta nun extremo e cun burato no outro polo que se fai pasar o fío, usada para coser e bordar.

      2. Peza metálica alongada acabada en gancho e provista de medios para cerrar o que serve para formar a malla nas máquinas de fabricación de xéneros de punto.

      1. Peixe da familia dos belónidos, de corpo alongado e moderadamente comprimido, de cor prateada e verdosa no lombo, coas mandíbulas prolongadas nun bico agudo e dentado, as aletas dorsal e anal moi posteriores e a caudal en forma de furca pronunciada.

      2. Nome que reciben algunhas especies de peixes da familia dos singnátidos, de aspecto semellante ao cabaliño de mar pero co corpo estirado.

    2. Picor ou sabor acedo que teñen algúns viños, especialmente os novos

    3. Acabamento rematado en punta, cuberta cónica ou piramidal de gran pendente, nunha construción.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore caducifolia e xeralmente dióica, da familia das simarubáceas, de follas compostas con glándulas de cheiro desagradable, flores pequenas e verdosas e froitos alados dunha soa semente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proceso de inundación ou asolagamento.

    2. Desbordamento dun río a causa dunha forte crecida e que, polo xeral, orixina destrución.

    VER O DETALLE DO TERMO