"Tama" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 483.

    1. Que se alimenta de carne.

    2. Aplícase á planta que atrapa pequenos animais, principalmente insectos, que lle proporcionan nutrientes.

      1. Relativo ou pertencente aos carnívoros.

      2. Mamífero da orde dos carnívoros.

      3. Orde de mamíferos que se caracteriza por: unha dentición na que destaca o gran tamaño dos caninos e a aparición de moas carniceiras; as mandíbulas, que só permiten movementos verticais de grande apertura; o aparato dixestivo sinxelo, pola facilidade de asimilación da súa dieta fronte aos animais herbívoros; o encéfalo desenvolvido, que coordina os reflexos e a intelixencia que precisa a vida depredadora; e a vista desenvolvida, incluso para condicións de pouca luz e o oído notable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe de auga doce, da familia dos ciprínidos. Presenta o corpo ancho e alto, e o bico prominente, con dúas barbelas longas e dúas curtas no beizo superior. Existen diversas formas que se caracterizan pola presenza ou ausencia de escamas e polo seu tamaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Árbore de pequeno porte que pertence a distintas especies e presenta follas de pequeno tamaño e coriáceas, como as aciñeiras ou as oliveiras.

    2. Planta de porte herbáceo ou arbustivo que presenta unha aparencia densa, con follas pequenas e duras como as silbardas e as queiroas.

    3. Alga que presenta talos estreitos, ramificados e ásperos ou coriáceos, como as que pertencen aos xéneros Cladophora e Halidrys.

    4. Planta perenne dos xéneros Helichrysum ou Otanthus, da familia das asteráceas, de capítulos de pequenas flores amarelas dispostos en corimbos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Coleóptero adulto, da familia dos lucánidos, robusto, de gran tamaño e cores escuras, especialmente referido a Dorcus parallelipipedus e as femias inermes de Lucanus cervus.

    2. queiroa.

    3. Algas, de talos estreitos, ramificados e ásperos ou coriáceos, como as dos xéneros Cladophora e Halidrys.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Material ríxido e groso que se obtén da pasta de papel ou do prensado de follas de papel húmidas, sobrepostas unhas sobre outras.

      1. Obxecto plano de forma rectangular feito en cartolina ou en plástico onde figuran os datos da persoa á que pertence.

      2. Tarxeta provista dunha banda magnética que emite unha entidade financeira a nome dunha persoa e que serve para efectuar operacións sen necesidade de posuír cartos en efectivo.

    2. Anaco de cartolina que os árbitros ou xuíces de diversas categorías deportivas empregan para comunicar determinadas sancións disciplinarias.

      1. Cartón preparado por medio da imprimación que se utiliza como soporte pictórico, especialmente en técnicas ao óleo ou de pastel en obras de medidas reducidas.

      2. Debuxo preparatorio efectuado co mesmo tamaño que a obra definitiva, cando é necesario executar unha pintura ao fresco, en cabalete, cerámica, tapizaría, vidraría e mosaicos.

    3. Medida empregada polos pescadores que equivale á cuarta parte de algo.

    4. Tubo cónico de cartón sobre o que se envolve o fío producido e que serve de alma á fusada, evitando que o fío se enlee ao arrincala do fuso, ao transportala ou ao debandala.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Balsa de tres corpos construída normalmente con troncos.

    2. Embarcación deportiva formada por dous cascos estreitos unidos en paralelo por unha plataforma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia purgante elaborada con follas de sen, raíz de ruibarbo e polpa de tamarindo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Talo de pequeno tamaño das briófitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Recipiente, xeralmente de barro, máis estreito e alto e de menor capacidade ca a cazola.

    2. Cazo de pequeno tamaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea, da familia das liliáceas, que presenta un bulbo grande, de forma ovoide, redondo ou deprimido segundo as variedades. Cando se corta o bulbo desprende un aceite volátil sulfurado que provoca a produción de lágrimas por irritación da conxuntiva.

    2. Bulbo comestible da planta do mesmo nome.

    3. Planta medicinal da horta que serve de antídoto contra o veleno e que rebenta tumores.

    4. Planta herbácea, da familia das liliáceas, que presenta un bulbo de gran tamaño.

    5. Herba perenne, da familia das liliáceas que no exterior presenta unha cuberta vermella.

    6. Cebola pequena que aínda non chegou ao pleno desenvolvemento.

    7. Cebola cos bulbos moi pequenos.

    VER O DETALLE DO TERMO