carnívoro -ra

carnívoro -ra
Plural: carnívoros Masculino: carnívoro Masculino plural: carnívoros Feminino: carnívora Feminino plural: carnívoras
  1. adx

    Que se alimenta de carne.

  2. adx

    Aplícase á planta que atrapa pequenos animais, principalmente insectos, que lle proporcionan nutrientes.

    1. adx

      Relativo ou pertencente aos carnívoros.

    2. s

      Mamífero da orde dos carnívoros.

    3. s

      Orde de mamíferos que se caracteriza por: unha dentición na que destaca o gran tamaño dos caninos e a aparición de moas carniceiras; as mandíbulas, que só permiten movementos verticais de grande apertura; o aparato dixestivo sinxelo, pola facilidade de asimilación da súa dieta fronte aos animais herbívoros; o encéfalo desenvolvido, que coordina os reflexos e a intelixencia que precisa a vida depredadora; e a vista desenvolvida, incluso para condicións de pouca luz e o oído notable.

Palabras veciñas

carnificar carniola carnitina carnívoro -ra carnizaría carnosidade carnoso -sa