carrasca

carrasca

raíz preindoeuropea carr-

Plural: carrascas
  1. s f [PLANTA ]

    Árbore de pequeno porte que pertence a distintas especies e presenta follas de pequeno tamaño e coriáceas, como as aciñeiras ou as oliveiras.

  2. s f [PLANTA ]

    Planta de porte herbáceo ou arbustivo que presenta unha aparencia densa, con follas pequenas e duras como as silbardas e as queiroas.

  3. s f [PROTISTA ]

    Alga que presenta talos estreitos, ramificados e ásperos ou coriáceos, como as que pertencen aos xéneros Cladophora e Halidrys.

  4. carrasca de san Xoán [PLANTA ]

    Planta perenne dos xéneros Helichrysum ou Otanthus, da familia das asteráceas, de capítulos de pequenas flores amarelas dispostos en corimbos.

Sinónimos