cartón

cartón

fr cartonné fr cartonner ‘acartonar’

Plural: cartóns
  1. s m

    Material ríxido e groso que se obtén da pasta de papel ou do prensado de follas de papel húmidas, sobrepostas unhas sobre outras.

    1. s

      Obxecto plano de forma rectangular feito en cartolina ou en plástico onde figuran os datos da persoa á que pertence.

    2. cartón de crédito

      Tarxeta provista dunha banda magnética que emite unha entidade financeira a nome dunha persoa e que serve para efectuar operacións sen necesidade de posuír cartos en efectivo.

  2. s m [DEP ]

    Anaco de cartolina que os árbitros ou xuíces de diversas categorías deportivas empregan para comunicar determinadas sancións disciplinarias.

  3. s m
    1. Cartón preparado por medio da imprimación que se utiliza como soporte pictórico, especialmente en técnicas ao óleo ou de pastel en obras de medidas reducidas.

    2. Debuxo preparatorio efectuado co mesmo tamaño que a obra definitiva, cando é necesario executar unha pintura ao fresco, en cabalete, cerámica, tapizaría, vidraría e mosaicos.

  4. s m [METROL ]

    Medida empregada polos pescadores que equivale á cuarta parte de algo.

  5. cartón de fusada [TÉXT ]

    Tubo cónico de cartón sobre o que se envolve o fío producido e que serve de alma á fusada, evitando que o fío se enlee ao arrincala do fuso, ao transportala ou ao debandala.

  6. cartón pedra [CONSTR ]

    Material feito de pasta de papel e algún outro compoñente que, unha vez seco, adquire gran dureza.

Citas

  • O libro ten a portada feita en cartoné.