"ONG" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 2764.

  • Mamífero carnívoro, da familia dos cánidos, de cor avermellada, co pelo e as patas moi longas e orellas grosas. Habita en Brasil, Paraguay e N de Arxentina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que acaba en punta.

    2. Aplícase á folla cando os seus bordos forman un ángulo agudo no ápice.

      1. Aplícase ao fonema en que o seu segundo formante se manifesta cunha frecuencia elevada, superior, normalmente, aos 1.400 ciclos por segundo.

      2. Aplícase ao fonema consonántico articulatoriamente constituído por dúas cavidades de resonancia bucal (/t/-/d/).

    3. Son alto, dun número de vibracións por segundo maior ca os dos graves ou baixos.

    4. Enfermidade que ten un curso relativamente rápido.

    5. Palabra en que a sílaba tónica é a última.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Ave de rapina que pertence principalmente aos xéneros Hieraetus Aquila, Haliaetus, Pithecophaga, Circaetus e Pandion. É de grandes dimensións, cun bico forte e curvado, a cabeza prominente e cuberta de plumas, coas patas curtas con plumas ata o comezo dos dedos, e as garras moi fortes. As ás son longas e voan a grande altura.

      2. Aguia da familia dos accipítridos, de plumaxe castaña e co píleo, a caluga e os ombreiros dun branco amarelado.

      3. Aguia da familia dos pandiónidos, de plumaxe contrastada entre a parte superior escura e a inferior branca. Na cabeza presenta unha pequena curupela e un anteface negro.

      4. Aguia da familia dos accipítridos, coa parte inferior da plumaxe escura nas ás e branca no peito.

      5. Aguia da familia dos accipítridos, de plumaxe escura con dourados na cabeza e na caluga.

    1. Denominación alquimista de diversas substancias, especialmente das sublimadas como o cloruro mercurioso ou o cloruro amónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Madeiro longo que sostén as tellas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pau longo cunha punta de ferro no extremo, que se utiliza para aguilloar os animais.

    2. ara con forma de áncora nun dos seus extremos coa que os labradores separan a terra que queda pegada á rella do arado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Molusco de valvas longas e estreitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Barriña de metal ou doutra materia dura, acabada en punta.

      1. Barra pequena, fina e longa, normalmente de metal, rematada en punta nun extremo e cun burato no outro polo que se fai pasar o fío, usada para coser e bordar.

      2. Peza metálica alongada acabada en gancho e provista de medios para cerrar o que serve para formar a malla nas máquinas de fabricación de xéneros de punto.

      1. Peixe da familia dos belónidos, de corpo alongado e moderadamente comprimido, de cor prateada e verdosa no lombo, coas mandíbulas prolongadas nun bico agudo e dentado, as aletas dorsal e anal moi posteriores e a caudal en forma de furca pronunciada.

      2. Nome que reciben algunhas especies de peixes da familia dos singnátidos, de aspecto semellante ao cabaliño de mar pero co corpo estirado.

    2. Picor ou sabor acedo que teñen algúns viños, especialmente os novos

    3. Acabamento rematado en punta, cuberta cónica ou piramidal de gran pendente, nunha construción.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Roedor sudamericano dos xéneros Dasyprocta e Myoprocta que pertence á familia dos dasipróctidos. De pelame dourado a vermello, ten a cola e as orellas curtas, e extremidades longas que lle permiten o salto. Viven nos lindes das selvas alimentándose de raíces e grans.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Adelgazar ou facer máis aguda a punta ou o gume dun utensilio ata deixalo en punta.

    2. Facer máis perspicaz ou agudo o sentido.

    3. Dar forma cónica ao extremo dunha peza cilíndrica ou facer un bisel moi agudo na cara dunha peza plana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canto entoado a media voz polos arrieiros e carreteiros cando conducen as bestas polas congostras e corredoiras.

    VER O DETALLE DO TERMO