"redor" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 429.

      1. Que é de cor igual ou aproximada á do leite ou da neve. Tm s m.

      2. Aplícase á cor que resulta da combinación de todas as radiacións correspondentes ao espectro visible da luz solar.

      3. Aplícase á cor que adquiren certos metais en estado candente, xa pasada a fase de cor vermella ao superar unha temperatura de 1.300°C.

    1. Que é de cor clara, por contraste con outras máis escuras do mesmo tipo.

    2. Que mantén unha postura política conservadora ou reaccionaria. Tm s.

      1. Aplícase aos elementos tipográficos máis baixos ca os caracteres de imprenta que teñen como finalidade separar os caracteres.

      2. Marxe situada arredor da páxina dun libro.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza da armadura que cubría o brazo para protexelo.

    2. Fita colocada arredor do brazo como sinal identificativo dalgunha cousa.

    3. Placa de pedra ou óso, con dúas ou catro perforacións, que permiten fixala sobre o antebrazo para protexer da vibración da corda do arco que é característico dos enterramentos campaniformes e dos conxuntos do Calcolítico e do Bronce antigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aro que se emprega arredor do pulso, do antebrazo ou do brazo como enfeite.

    2. Faixa que rodea o brazo e que sinala algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ivenda pequena de madeira, cun só andar, rodeada de corredores e situada en lugares destinados ao descanso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Núcleo urbano formado ao redor dun castelo ou dunha cidade amurallada como consecuencia do crecemento demográfico e comercial da Europa medieval.

    2. Aldea ou poboación moi pequena que depende doutra principal, situada nun lugar próximo.

    3. Zona exterior dunha cidade, vila ou aldea.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos burgundios ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo burgundio.

    3. Pobo xermánico que, establecido primeiro na rexión báltica, ocupou máis tarde a parte media do Vístula. Loitaron cos romanos contra Atila e os suevos de Hispania no ano 456. Ao regreso ocuparon os territorios próximos a Lyon e fundaron o Reino de Borgoña.

    4. Lingua xermánica oriental que se falaba na Alemaña oriental arredor do ano 50 d C.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de cabecear.

    2. Movemento dunha aeronave ao redor do seu eixe transversal.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Fita colgante que se utiliza como adorno das prendas de vestir.

      2. Fita de coiro cosida ao redor da abertura dun zapato.

    1. Listón de madeira situado no exterior da borda dunha embarcación pesqueira e que forma a parte máis alta do costado.

    2. Festón colgante usado como motivo ornamental en arquitectura.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Sistema de distribución do tempo en grupos orixinados polas lunacións, os meses, as fases da Lúa, as semanas, e o movemento aparente do Sol, os anos. A unidade tomada como base é o día, determinado polo movemento diúrno aparente do Sol.

      2. Calendario creado en 1582 no que se engadiron dez días de súpeto co que se modificou o concepto de ano bisesto no novo calendario.

      3. Calendario que ten como base o fenómeno das lunacións. A duración da lunación varía de 29 días e 6 horas a 29 días e 20 horas.

      4. Calendario de uso obrigatorio en Francia desde 1793 ata 1806, no que o ano se iniciaba o 22 de setembro e estaba dividido en 12 meses de 30 días.

      5. Calendario que se sustenta no movemento do Sol arredor da Terra, no que as agrupacións principais son os anos e as estacións.

      6. Calendario creado no 45 a C que establece o concepto de ano bisesto e un ano civil de 365,25 días, dividido en doce meses.

      1. Táboa gráfica da sucesión dos días, os meses e as estación para cada ano, xeralmente coa indicación dos acontecementos civís ou relixiosos principais.

      2. Táboa de cómputo disposta de xeito que permite atopar o día da semana ou o día de calquera ano indefinidamente desde o establecemento do calendario xuliano.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera tipo de vía que se constrúe para enlazar un lugar con outro.

    2. Franxa de terreo para transitar dun lugar a outro.

    3. Camiño polo que só se pode andar.

    4. Camiño polo que é difícil transitar.

    5. Camiño feito cunha anchura suficiente para que poida pasar un carro.

    6. Camiño que percorre o cumio dunha liña de crista orográfica sen evitar xeralmente os promontorios.

    7. ía de comunicación con carrís de ferro paralelos pola que circulan os trens.

    8. Camiño sen desniveis que pasa pola parte media da ladeira dun val ou dunha montaña.

    9. Camiño que debe deixar o propietario dun campo para darlle paso a outro que carece de acceso directo á súa propiedade.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO