burgundio -dia

burgundio -dia
Plural: burgundios Masculino: burgundio Masculino plural: burgundios Feminino: burgundia Feminino plural: burgundias
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos burgundios ou á súa lingua.

  2. [ETN/HIST ]

    Individuo do pobo burgundio.

  3. m [ETN/HIST ]

    Pobo xermánico que, establecido primeiro na rexión báltica, ocupou máis tarde a parte media do Vístula. Loitaron cos romanos contra Atila e os suevos de Hispania no ano 456. Ao regreso ocuparon os territorios próximos a Lyon e fundaron o Reino de Borgoña.

  4. m [LING ]

    Lingua xermánica oriental que se falaba na Alemaña oriental arredor do ano 50 d C.