camiño
-
-
s
Calquera tipo de vía que se constrúe para enlazar un lugar con outro.
-
s
Franxa de terreo para transitar dun lugar a outro.
-
camiño de a pé
Camiño polo que só se pode andar.
-
camiño de cabras
Camiño polo que é difícil transitar.
-
camiño de carro
Camiño feito cunha anchura suficiente para que poida pasar un carro.
-
camiño de cume
[XEOG ]
Camiño que percorre o cumio dunha liña de crista orográfica sen evitar xeralmente os promontorios.
-
camiño de ferro
[TRANSP ]
ía de comunicación con carrís de ferro paralelos pola que circulan os trens.
-
camiño de flanco
[XEOG ]
Camiño sen desniveis que pasa pola parte media da ladeira dun val ou dunha montaña.
-
camiño de paso/servidume/alleo
[DER ]
Camiño que debe deixar o propietario dun campo para darlle paso a outro que carece de acceso directo á súa propiedade.
-
camiño de rolda
[BÉL ]
Corredor exterior que percorre a parte alta dunha muralla.
-
camiño forestal
[ECOL ]
Camiño construído para a conservación e a explotación do bosque.
-
camiño veciñal
Camiño construído e conservado a expensas do municipio.
-
s
-
s
m
Percorrido que se fai para ir dun lugar a outro.
-
s
m
Xeito de obrar para conseguir algo.
-
s
m
Actividade ou modo de vida que escolle unha persoa.
Frases feitas
-
2 Que xa se venceron as dificultades.
-
2 Con rapidez. Ex: Non te preocupes que a comida non est
Refráns
- A bo camiño, bo andar.
- A mal camiño, darse présa.
- Cada sendeiro ten o seu carreiro.
- Camiño de dura, para mulo ou mula.
- Camiño de Roma, nin mula coxa nin bulsa "froxa".
- Camiño longo, paso curto.
- Camiño malo, andalo despacio.
- Camiño vello, congostra nova.
- Cando no camiño hai barro, unta-lo carro.
- Coida que acerta e ben se equivoca o que deixa a verea pola corredoira.
- Nin por rodeo nin por atallo deixes o camiño de carro.
- No mellor sendeiro nunca falta algún lameiro.
- O camiño non ten prazo.
- O mal carreteiro para de noite no sendeiro.
- O mellor sendeiro ten o seu bulleiro.
- Para andar camiño leva pan e viño.
- Tódolos camiños van a Roma.
- Tódolos camiños van dar á miña casa.