"COE" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 180.

  • Que coexiste. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Existir simultaneamente. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Molécula pequena non proteica que se une aos encimas para que estes poidan levar a cabo a actividade catalítica. Poden ser ións metálicos ou moléculas orgánicas, que reciben o nome de coencimas.

    2. Número que, dada unha matriz cadrada A e un elemento a ij desta, vén determinado pola expresión A ij =(-1) i+j detM ij , onde M ij é a matriz cadrada que resulta de omitir en A a fila i e a columna j.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de combinar ou combinarse.

    2. Conxunto único de números, letras ou signos que permite acceder a certos aparatos ou abrir mecanismos de seguridade.

    3. Peza de vestir interior feminina que cobre desde os ombros ou a cintura ata o bordo da saia.

      1. Agrupación de elementos na que só se ten en conta a distinción entre os elementos agrupados e non a orde na que se toman.

      2. Tipo de combinación na que cada elemento pode repetirse calquera número de veces nunha mesma combinación.

    4. Reacción química pola que dous ou máis elementos ou moléculas se xuntan para formar un composto único.

      1. Fenómeno que, en glosemática, consiste en que dúas unidades compatibles no discurso non presentan ningún tipo de dependencia recíproca.

      2. Secuencia regular de fonemas, produto da distribución destes. A sílaba é a combinación fonemática máis elemental.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Capacidade de coexistir en harmonía con outra persoa ou cousa.

    2. Calidade de dous ordenadores pola que un deles pode executar correctamente un programa do outro ordenador sen necesidade de ningunha corrección.

    3. Calidade dos sistemas de ecuacións que teñen solución.

    4. consistencia.

      1. Característica dun sistema estereofónico de son que permite a gravación e a reprodución de programas estereofónicos mediante un equipo monofónico, e viceversa.

      2. Característica dun sistema de radiodifusión en frecuencia modulada que permite que as emisións estereofónicas se poidan recibir por un receptor monofónico, e viceversa.

    5. Posibilidade de mestura de dous sangues sen que se produzan trastornos, tales como os fenómenos de lise ou de aglutinación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de compresible.

      1. Propiedade dunha substancia ou corpo pola que reduce o seu volume cando se somete a un aumento de presión. Mídese co coeficiente de compresibilidade.

      2. Cociente entre a diminución relativa do volume dunha substancia e o aumento de presión que a produciu.

      3. Factor adimensional relativo a un gas, dado pola expresión Z=PV/RT, onde P é a presión, V é o volume molar, R é a constante dos gases perfectos e T é a temperatura.

      4. Coeficiente inverso do coeficiente de compresibilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina que, co emprego do materialismo histórico como ferramenta analítica, postula as condicións de emancipación do proletariado e a súa concreción nun sistema social novo que, baseado na propiedade colectiva dos medios de produción, implica o fin da sociedade de clases e a desaparición dos estados coercitivos.

    2. Corrente e principio económico do anarquismo, que combate todo tipo de propiedade, tanto privada como colectiva. Xurdiu ao redor dos últimos congresos da Primeira Internacional. OBS: Tamén se denomina anarquismo comunista ou anarcocomunismo.

    3. Modo de produción, establecido por Marx e Engels, rexido pola apropiación comunal do traballo excedente. Caracterízase pola inexistencia de clases e estados, polo que a articulación da sociedade se establece entre os niveis económico e ideolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome xenérico dos coeficientes de transporte dos fenómenos de condución.

    2. Medida da capacidade de condución eléctrica dunha substancia, de valor igual ao cociente entre a densidade de carga eléctrica e o campo eléctrico aplicado: jE. É a inversa da resistividade: γ=1/ρ. A unidade do SI da condutividade eléctrica é o ohm -1 ·m -1 (ou, dado que 1 siemens=1 ohm -1 =1 mho, a unidade SI de γ é S·m -1 ). OBS: Tamén se denomina condutividade ou condutancia eléctrica específica.

    3. Medida da capacidade de condución térmica dunha substancia de valor igual ao cociente entre a densidade de fluxo térmico e o gradiente de temperatura existente: q=-λ∇T. A unidade no SI da condutividade térmica é o Wm -1 K -1 .

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que permanece no estado en que está.

      1. Que non deixa que as dificultades venzan a súa vontade.

      2. Que non se cansa de traballar.

      3. Que non muda de ideas e sentimentos.

    2. Que se repite acotío.

    3. Aplícase ás especies que aparecen nun tanto por cento elevado das mostras ou dos inventarios dunha comunidade vexetal determinada, coa condición de que todas as mostras correspondan a superficies da mesma extensión.

    4. Cantidade que ten sempre o mesmo valor.

    5. Constante que vén definida pola fórmula C=μ 0 Nm 2 /3k, en que μ 0 é a permeabilidade do baleiro, N o número de dipolos por unidade de volume, m o momento magnético destes dipolos e k a constante de Boltzmann.

    6. Cada unha das magnitudes que representa un papel singular e esencial nas teorías físicas.

    7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO