comunismo

comunismo

común

Plural: comunismos
  1. s m [POLÍT ]

    Doutrina que, co emprego do materialismo histórico como ferramenta analítica, postula as condicións de emancipación do proletariado e a súa concreción nun sistema social novo que, baseado na propiedade colectiva dos medios de produción, implica o fin da sociedade de clases e a desaparición dos estados coercitivos.

  2. comunismo libertario [POLÍT ]

    Corrente e principio económico do anarquismo, que combate todo tipo de propiedade, tanto privada como colectiva. Xurdiu ao redor dos últimos congresos da Primeira Internacional. OBS: Tamén se denomina anarquismo comunista ou anarcocomunismo.

  3. comunismo primitivo [POLÍT ]

    Modo de produción, establecido por Marx e Engels, rexido pola apropiación comunal do traballo excedente. Caracterízase pola inexistencia de clases e estados, polo que a articulación da sociedade se establece entre os niveis económico e ideolóxico.