constante
lat constante, p pres de constāre ‘constar’
-
adx
Que permanece no estado en que está.
-
adx
-
Que non deixa que as dificultades venzan a súa vontade.
-
Que non se cansa de traballar.
-
Que non muda de ideas e sentimentos.
-
-
adx
Que se repite acotío.
-
adx
[BOT ]
Aplícase ás especies que aparecen nun tanto por cento elevado das mostras ou dos inventarios dunha comunidade vexetal determinada, coa condición de que todas as mostras correspondan a superficies da mesma extensión.
-
s
f
[MAT ]
Cantidade que ten sempre o mesmo valor.
-
constante de Curie
[FÍS ]
Constante que vén definida pola fórmula C=μ 0 Nm 2 /3k, en que μ 0 é a permeabilidade do baleiro, N o número de dipolos por unidade de volume, m o momento magnético destes dipolos e k a constante de Boltzmann.
-
constante fundamental
[FÍS ]
Cada unha das magnitudes que representa un papel singular e esencial nas teorías físicas.
-
constante persoal
[PSIC ]
Trazo ou peculiaridade persistente no curso da actuación dunha persoa.
-
constante urosecretoria de Ambard
[MED ]
Coeficiente que permite establecer unha relación entre a cantidade de urea no sangue dun paciente e a eliminada polos ouriños.
-
constantes de Lamé
[MAT ]
Conxunto de dúas constantes (λ e μ) que serven para definir as propiedades eláticas dun corpo homoxéneo e isótropo.
-
constantes vitais
[MED ]
Conxunto de valores físicos e bioquímicos do medio interno do organismo que, mentres se manteñen nunha marxe determinada, fan posible o mantemento da vida.
-
constante de Rydberg
[FÍS ]
Constante, inicialmente empírica, que intervén nos espectros atómicos de todos os elementos. O valor de R é 1,097373177(83)´10 7 m -1 .
-
constante de Stefan-Boltzmann
[FÍS ]
Factor de proporcionalidade da lei de Boltzmann que ten un valor de 5,67032´10 -8 Wm -2 K -4 .
-
constante de Planck
[FÍS ]
Constante fundamental que caracteriza os fenómenos de dominio cuántico e que vale 6,626176´10 -34 Js.
-
constante de Boltzmann
[FÍS ]
Constante que resulta do cociente entre a constante dos gases R e o número de Avogadro NA:k = R/NA, e o seu valor é k = 1,380662·10 -23 J·K -1 .
Sinónimos
Antónimos
Confrontacións
permanente, persistenteCitas
- Na estrada cara á vila hai constantes atascos de tráfico
- O meu curmán Lois é moi constante nos estudios
- O muíño precisa un fluxo constante de auga, O crecemento da economía foi constante durante este ano