"sin" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1761.

    1. Produción de vexetais por medio do cultivo da terra co obxectivo de transformar o medio natural.

    2. Tipo de agricultura que ten á familia como unidade económica, non sendo a agricultura a súa principal actividade económica.

    3. Práctica agrícola que pretende eliminar os fertilizantes químicos e todo tipo de pesticidas de síntese.

    4. Agricultura comercial e intensiva caracterizada por ocupar parcelas de pequeno tamaño adoito cubertas por unha estrutura vidrosa ou plástica para protexer os cultivos de inclemencias climáticas.

    5. Sistema de agricultura extensiva que non precisa achega de auga por medios artificiais.

    6. Agricultura que cobre máis dun 50% das necesidades de alimentación dunha familia que lle achega a totalidade do traballo e do capital.

    7. Sistema de cultivo caracterizado polo predominio dos elementos naturais sobre o capital e o traballo.

    8. Sistema de cultivo caracterizado por un elevado investimento de traballo, fertilizantes e adoito capital.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Barriña de metal ou doutra materia dura, acabada en punta.

      1. Barra pequena, fina e longa, normalmente de metal, rematada en punta nun extremo e cun burato no outro polo que se fai pasar o fío, usada para coser e bordar.

      2. Peza metálica alongada acabada en gancho e provista de medios para cerrar o que serve para formar a malla nas máquinas de fabricación de xéneros de punto.

      1. Peixe da familia dos belónidos, de corpo alongado e moderadamente comprimido, de cor prateada e verdosa no lombo, coas mandíbulas prolongadas nun bico agudo e dentado, as aletas dorsal e anal moi posteriores e a caudal en forma de furca pronunciada.

      2. Nome que reciben algunhas especies de peixes da familia dos singnátidos, de aspecto semellante ao cabaliño de mar pero co corpo estirado.

    2. Picor ou sabor acedo que teñen algúns viños, especialmente os novos

    3. Acabamento rematado en punta, cuberta cónica ou piramidal de gran pendente, nunha construción.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Aviso ou sinal que se fai en caso de perigo.

      2. Aviso ou sinal que dá nun exército para preparar a defensa ou o ataque.

    1. Sistema mobilizador do comportamento que prepara inmediatamente unha resposta adaptada a unha situación urxente.

    2. Inquietude causada pola crenza na inminencia dun perigo ou a proximidade dun inimigo.

    3. Dispositivo de seguridade, capaz de emitir sinais perceptibles cando o sistema presenta unha anomalía.

    4. Sinal para anunciar unha mensaxe de auxilio ou un aviso de ciclón.

    5. Estado de crise previsto no ordenamento constitucional que permite ao goberno a modificación transitoria do réxime constitucional ordinario aínda que non permite a suspensión de ningún dos dereitos nin liberdades dos cidadáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer que se imiten as formas latinas na morfoloxía e na sintaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Resina branca extraída do látex de gutapercha.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mestura explosiva de baixa temperatura de explosión, a base de nitratos.

    2. Silicato de aluminio e sodio, do grupo dos feldespatos. Cristaliza no sistema triclínico e presenta maclas polisintéticas repetidas e moi características; de exfolación perfecta, incolora, transparente e inatacable polos ácidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produto da desintegración incompleta dos aminoácidos aromáticos, fenilalanina e tirosina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos alcmeónidas.

    2. Membro da familia alcmeónida.

    3. Familia aristocrática ateniense orixinaria de Mesenia que se asentou en Atenas despois do sinecismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Disolución que contén esencialmente etanol e se emprega como disolvente e desinfectante en uso externo e como depresor do sistema nervioso central en uso interno.

      2. Toda clase de bebida obtida a partir dunha destilación.

    1. Nome xenérico das substancias orgánicas caracterizadas pola presenza dun grupo funcional hidróxilo -OH, enlazado directamente a un carbono alifático.

    2. Extracto alcohólico de melisa, peles de limón e laranxa, noz moscada e canela.

    3. Alcohol desnaturalizado, utilizado como combustible.

    4. Solución alcohólica de esencia de romeu ao 5%, para friccións en golpes, artritismo e dores sen ferida.

    5. etanol.

    6. metanol.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aviso ou sinal que prevé dun perigo inminente.

    2. Estado de vixilancia.

    3. Emprégase para avisar a alguén dun perigo ou espertar a súa atención.

    4. En actitude de vixiar con cautela e coidado.

    VER O DETALLE DO TERMO