alcohol
alcohol
hispanoárabe al-ku ḥ ūl por al-ku ḥ l ‘o colirio de po de antimonio’
-
s
m
-
Disolución que contén esencialmente etanol e se emprega como disolvente e desinfectante en uso externo e como depresor do sistema nervioso central en uso interno.
-
Toda clase de bebida obtida a partir dunha destilación.
-
-
s
m
[QUÍM ]
Nome xenérico das substancias orgánicas caracterizadas pola presenza dun grupo funcional hidróxilo -OH, enlazado directamente a un carbono alifático.
-
alcohol de abelleira
Extracto alcohólico de melisa, peles de limón e laranxa, noz moscada e canela.
-
alcohol de queimar
[QUÍM/IND ]
Alcohol desnaturalizado, utilizado como combustible.
-
alcohol de romeu
Solución alcohólica de esencia de romeu ao 5%, para friccións en golpes, artritismo e dores sen ferida.
-
alcohol etílico
[QUÍM ]
etanol.
-
alcohol metílico
[QUÍM ]
metanol.