"Sello" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 77.

  • Consello, asemblea ou reunión, nalgúns pobos eslavos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de reflectir ou reflectirse.

    2. Operación coa que a mente pon atención aos propios actos do coñecemento, e incluso ao eu ou suxeito que os sustenta, e non ao contido destes actos.

    3. Obtención da figura simétrica dunha dada con relación a un plano que se toma como elemento de simetría.

    4. Modificación da traxectoria dunha partícula, dun raio ou da fronte dunha onda cando incide sobre unha superficie límite do medio no que se moven.

    5. Simetría respecto a un plano ou a unha recta.

    6. Probabilidade que, segundo a mecánica cuántica, ten unha partícula de ser reflectida por unha barreira de potencial cun nivel de enerxía superior ao da partícula.

    7. Relación entre o fluxo luminoso reflectido por unha superficie e o fluxo incidente.

    8. Fenómeno que consiste no feito de que cando un obxecto se interpón no ámbito de propagación dunha onda sonora, unha parte da enerxía é reflectida e outra parte é absorbida e transmitida polo obxecto.

    9. Fenómeno polo que cando unha cousa pasa dun medio máis refrinxente a outro menos refrinxente, hai un ángulo de incidencia máximo t tal que todos os raios que inciden cun ángulo maior que este son reflectidos outra vez ao medio do que proceden. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que exerce a soberanía dun reino, cuxo cargo pode ser electivo, hereditario, absoluto ou constitucional.

    2. Persoa, animal ou cousa que destaca pola súa importancia ou excelencia, sobre todo ante os outros da mesma especie, rango ou clase.

    3. Nome afectuoso que se dá a un neno ou a unha persoa moi querida.

    4. Peixe, da familia dos lábridos, que presenta o corpo alongado, o fociño agudo e as escamas pequenas e no que as femias son de cor laranxa e os machos verdosos.

    5. Festividade da Epifanía en que se conmemora a adoración dos Reis Magos ao Neno Xesús, e que se celebra o 6 de xaneiro.

      1. Peza principal do xogo do xadrez que pode moverse en todas as direccións.

      2. Carta da baralla que leva pintada a figura dun rei.

    6. Título que se daba na Antigüidade ao deus Moloc, rei de Canaán, a Xúpiter, rei dos deuses, ou a Plutón, rei dos infernos. Tamén lle foi dado a Iahvé no Antigo Testamento e representaba un poder xeral.

    7. Oficial real, antigamente chamado heraldo, que tiña como función declarar a guerra e publicar a paz, asistir ás cerimonias e distinguir e determinar os escudos das liñaxes e as familias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aquilo que serve para evitar algo malo ou para solucionar un problema.

    2. Aquilo que serve para aliviar ou sandar unha enfermidade, dor ou mal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de rico.

    2. Abundancia de bens materiais.

    3. Abundancia relativa de calquera cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Rosellón ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Rosellón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tribunal ou consello de xustiza dun príncipe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten moitos coñecementos sobre algunha ciencia ou en xeral. Tm s.

    2. Que está cheo de sabedoría ou que a mostra. Tm s.

    3. Que actúa con prudencia e sabedoría. Tm s.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Segunda cámara ou cámara alta, que adoita ter funcións de defensa dos intereses das unidades territoriais e que nos sistemas parlamentarios modernos forma, xunto coa cámara baixa, o Parlamento.

    2. Órgano deliberativo ou consultivo constituído por persoas representativas dunha entidade ou corporación.

    3. Sede do senado.

    4. Xuntanza ou asemblea do senado.

    5. Supremo consello do Estado que na antiga Roma estaba constituído por anciáns ou xefes das diversas gens e, posteriormente, polos patricios e maxistrados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos consellos obreiros, na Rusia tsarista, creados durante a Revolución de 1905.

    VER O DETALLE DO TERMO