rei, raíña

rei, raíña
Plural: rehabilitacións
  1. s [HIST ]

    Persoa que exerce a soberanía dun reino, cuxo cargo pode ser electivo, hereditario, absoluto ou constitucional.

  2. s p ext

    Persoa, animal ou cousa que destaca pola súa importancia ou excelencia, sobre todo ante os outros da mesma especie, rango ou clase.

  3. s m fig

    Nome afectuoso que se dá a un neno ou a unha persoa moi querida.

  4. s m [ANIMAL/ICT ]

    Peixe, da familia dos lábridos, que presenta o corpo alongado, o fociño agudo e as escamas pequenas e no que as femias son de cor laranxa e os machos verdosos.

  5. s m pl

    Festividade da Epifanía en que se conmemora a adoración dos Reis Magos ao Neno Xesús, e que se celebra o 6 de xaneiro.

  6. s m
    1. Peza principal do xogo do xadrez que pode moverse en todas as direccións.

    2. Carta da baralla que leva pintada a figura dun rei.

  7. s m [RELIX ]

    Título que se daba na Antigüidade ao deus Moloc, rei de Canaán, a Xúpiter, rei dos deuses, ou a Plutón, rei dos infernos. Tamén lle foi dado a Iahvé no Antigo Testamento e representaba un poder xeral.

  8. rei de armas [HIST ]

    Oficial real, antigamente chamado heraldo, que tiña como función declarar a guerra e publicar a paz, asistir ás cerimonias e distinguir e determinar os escudos das liñaxes e as familias.

Refráns

  • A onde vai o rei, alí vai a corte.
  • Antes bo rei que boa leí.
  • Cada un na súa casa é un reí.
  • Cal o rei, tal a leí.
  • Cedo acordou o rei que rabíou.
  • De cando en cando ao rei gústalle o rancho.
  • Díante do rei todos calan, pero detrás del todos falan.
  • Enriba do reí está a leí.
  • Na terra dos cegos o torto é un reí.
  • O rei non está obrigado á leí.
  • Ó rei non o ofendas nín te metas nas súas rendas.
  • O rei nunca se equivoca.
  • O rei reína, pero non gobema.
  • Onde está o rei, está a corte.
  • Onde o rei non está, ninguén o atopará.
  • Pode dicir que é rei o que non viu ao reí.
  • Reí morto, reí posto; pero vale máis o vivo có morto.
  • Reí morto, reíno revolto.
  • Rei novo, lei nova.
  • Reí sen consello perde o seu e perde o alleo.
  • Reí teñamos e non o vexamos.
  • Tal o reí, tal a grei.
  • Tal o reí, tal a leí.
  • Vai o reí a onde pode e non a onde quere.