remedio

remedio

lat remedĭu

Plural: remedios
  1. s m

    Aquilo que serve para evitar algo malo ou para solucionar un problema.

  2. s m [MED ]

    Aquilo que serve para aliviar ou sandar unha enfermidade, dor ou mal.

Sinónimos

Frases feitas

  • Non ter remedio. Non ter soluci

  • Que remedio! Expresi

Refráns

  • A burro morto, cebada ao rabo.
  • A cabalo morto, cebada ao rabo.
  • A casa queimada,acudirlle con auga.
  • A mal tempo, boa cara.
  • A mordedura do can cúrase queimando os pelos.
  • A muUer casada nunca noivo lle falta.
  • A noite, Marica, dáme a roca.
  • A pecado novo, penitencia vella.
  • A pecados vellos, penitencia nova.
  • A pedra e a palabra non.se recolle despois de botada.
  • A que en marzo velou, tarde acordou.
  • Cando a filla está casada, aparécennos os xenros.
  • Cando a filla está casada, sáennos xenros.
  • Coa vida moitas cousas se remedian; e sen a vida, nin media.
  • Colle en agosto a "manzanilla" e deixaraste moitas veces de ir á botica.
  • Dende que cae o carro, nunca faltan carrilleiras.
  • Despois da filla casada, veñen os xenros á porta.
  • Despois de irse a lebre, paus na cama.
  • Despois que os cregos xantan, culleres sobran.
  • Desque a burra vai no po ¡XO, burra, XO!
  • Desque cae o carro, nunca faltan carrileiras.
  • Desque o burro entra no illó ¡XO, burro, XO!
  • Hai que agarrarse ao pez, que a cera vai cara.
  • Non hai mellor "cirurxiano" que o bo pan, a boa carne e o bo trago.
  • Ó ano torto, horto; ao torto torto, cabra e horto; e ao torto retorto, cabra, horto e porco.
  • O ben é coñecido cando é perdido.
  • O boi morto agárralle o como.
  • O dano despois de feito non tén remedio.
  • O feito non ten remedio para non ser feito.
  • O lume apágase con auga pero a auga non se apaga con nada.
  • O que a uns mata a outros sana.
  • O que coas mans non pode, cos dentes acode.
  • O que está feito non ten remedio e o que está por facer quere consello.
  • Ó que non ten remedio bótalle neto e medio.
  • O que se acolle debaixo da folla, dúas veces se molla.
  • O remedio para non empobrecer é mercar o forzoso e non o que é mester.
  • Para o dano que está feito xa non hai xeito.
  • Para o enfermo que é de vida, a auga élle menciña.
  • Para o mal que hoxe acaba o remedio de mañá non basta.
  • Para o mal que hoxe acaba o remedio de mañá sobra.
  • Para tea tecida e muUer parida nunca remedio faltou na vida.
  • Para todo hai remedio pero non para a morte.
  • Pau torto nunca ben se endereita.
  • Quen non poida andar, que corra.
  • Sábado a noite, Marica, dáme a roca.
  • Se te roe un alacrán, busca a cera e mailo pan; se te roe unha denociña, búscaos aínda máis axiña.
  • Tarde se arrepinte o rato, cando xa está na boca do gato.
  • Tira un a pedra de fonda e a palabra da boca e ningunha ten volta.
  • Un cravo saca outro cravo, se os dous non quedan cravados.
  • ¡A filla casada e sáennos xenros!