reflexión

reflexión

lat reflexĭōne

Plural: reflexións
  1. s f

    Acción e efecto de reflectir ou reflectirse.

  2. s f [FILOS/PSIC ]

    Operación coa que a mente pon atención aos propios actos do coñecemento, e incluso ao eu ou suxeito que os sustenta, e non ao contido destes actos.

  3. s f [FÍS ]

    Obtención da figura simétrica dunha dada con relación a un plano que se toma como elemento de simetría.

  4. s f [FÍS ]

    Modificación da traxectoria dunha partícula, dun raio ou da fronte dunha onda cando incide sobre unha superficie límite do medio no que se moven.

  5. s f [MAT ]

    Simetría respecto a un plano ou a unha recta.

  6. coeficiente de reflexión [FÍS ]

    Probabilidade que, segundo a mecánica cuántica, ten unha partícula de ser reflectida por unha barreira de potencial cun nivel de enerxía superior ao da partícula.

  7. factor de reflexión [FÍS ]

    Relación entre o fluxo luminoso reflectido por unha superficie e o fluxo incidente.

  8. reflexión acústica [FÍS ]

    Fenómeno que consiste no feito de que cando un obxecto se interpón no ámbito de propagación dunha onda sonora, unha parte da enerxía é reflectida e outra parte é absorbida e transmitida polo obxecto.

  9. reflexión total [FÍS ]

    Fenómeno polo que cando unha cousa pasa dun medio máis refrinxente a outro menos refrinxente, hai un ángulo de incidencia máximo t tal que todos os raios que inciden cun ángulo maior que este son reflectidos outra vez ao medio do que proceden. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

Sinónimos

Refráns

  • Antes de casar, débelo pensar.
  • As cousas ben pensadas son máis acertadas.
  • As cousas ben pensadas, ben asentadas.
  • Ben ve o cego.cando el se mira por dentro.
  • Despacio pensa e obra á présa.
  • Mete a man no seo: verás o teu mal e mailo alleo.
  • Mete as mans no seo e verás o teu mal e o alleo.
  • Mira ben o que fas e o que teñas que facer.
  • O ben pensado é o mais acertado.
  • O bo conselleiro aconséllase consigo primeiro.
  • O traveseiro é un gran conselleiro, que dá o consello sen cobrar diñeiro.
  • Para lixeiro mester tamén compre chencha ter.
  • Pensa moito e fala pouco.
  • Pensalo ben e facelo mal non é cousa natural.
  • Pénsao ben e non o farás mal.
  • Se metes a man no teu seo, non dirás do malfado alleo.