"Pont" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 217.

  • Campo pequeno onde medran espontaneamente vexetais que se aproveitan para estrume.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Extensión de terreo, en xeral non urbano, con vexetación.

      2. Terreo inculto onde existe unha vexetación que nace de forma espontánea.

      3. Terreo destinado á agricultura e á gandaría.

      4. Terreo dedicado a actividades lúdicas e deportivas.

      5. Campo situado fóra do poboado, onde non hai valados nin bosque.

      1. Conxunto de actividades relacionadas coa agricultura.

      2. Conxunto de poboacións que se dedican á agricultura.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Terreo no que se deixa medrar a herba espontaneamente.

    2. Prado de secaño de moita extensión.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Igrexa pequena, polo xeral cun só altar, anexa a un establecemento relixioso ou segrar.

      2. Departamento dunha igrexa onde hai un altar, que non é o principal.

      3. Capela que se abre na ábsida, normalmente nunha absidiola.

      4. Capela situada aos lados da capela maior, no cruceiro ou nas naves laterais.

      5. Capela principal dunha igrexa que está situada no eixe central da mesma, no lugar do altar maior e do presbiterio.

      6. Capela que se abre nas naves laterais e que adoita ser abovedada.

      7. Igrexa que formaba parte dos palacios reais en toda a Europa medieval e onde se celebraban os actos relixiosos da corte.

    1. Lugar destinado ao culto e situado nun palacio, casa, convento, escola, comunidade privada ou nun edificio similar, e que non ten a plenitude de dereitos dunha igrexa parroquial.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten carisma.

      1. Persoa que forma parte dun movemento carismático.

      2. Corrente espiritual cristiá aparecida en 1967 en América do Norte. Propugna a práctica dun tipo de oración espontánea e entusiasta, e a necesidade de recuperar a riqueza de carismas das comunidades cristiás primitivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Asento colocado nunha plataforma ou púlpito, desde onde os profesores lían ou explicaban maxistralmente unha ciencia ou unha arte aos seus alumnos.

    2. Cargo que exerce un catedrático.

    3. Disciplina que é obxecto de estudo e investigación na universidade, recoñecida oficialmente e dirixida por un catedrático.

    4. Asento con espaldeira ou dosel, ocupado polo bispo no presbiterio. É o símbolo do maxisterio oficial da Igrexa.

    5. Cargo ou dignidade pontificia ou episcopal.

    6. Monumento de bronce, situado na igrexa de San Pedro, onde se presupón que sentou este apóstolo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cámara ou dormitorio individual e de pequenas dimensións dun convento, colexio ou cárcere.

    2. Pequeno compartimento das entenas que constrúen algúns himenópteros no seu interior, e que amais de servir como almacén, críanse as larvas.

    3. Conxunto formado pola fuselaxe, as ás e as empenaxes dun avión, desprovisto de motores.

    4. Pequeno compartimento dunha antera, dun ovario, dun esporanxio e doutras estruturas vexetais.

    5. Elemento básico dunha rede cristalina, que a pode xerar por translación.

    6. Zona das ás dos insectos delimitada por nervios.

    7. Pequeno mosteiro independente da Alta Idade Media, ligado ao bispo ou ao señor do lugar.

    8. Elemento de volume do espazo físico.

    9. Unidade de información que forma un bloque de construción dun mapa, dunha base de datos ou dunha folla de cálculo.

    10. Dispositivo en que se consegue que teña lugar unha reacción química grazas ao abastecemento de enerxía eléctrica ou no que se produce enerxía eléctrica a partir de enerxía liberada por unha reacción química que ocorre espontaneamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Parte do talo das plantas, especialmente das especies leñosas, que queda unida á raíz despois de cortala.

      2. Planta da vide.

    1. Poste ou piar que terma da cámara do hórreo.

      1. Machón sobre o que descansan dous arcos.

      2. Parte do machón que sae da terra ata a imposta que se localiza nos arcos e nas pontes.

    2. Conxunto de individuos que presentan un xenotipo cun ou máis caracteres fixos que os diferencian dos outros individuos da variedade ou poboación á que pertencen.

    3. Poboación de organismos da mesma especie que proveñen todos dun mesmo antecesor e que teñen as mesmas características xenotípicas e fenotípicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Pontecesures.

    2. Natural ou habitante de Pontecesures.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción espontánea de infravivendas (barracas ou chabolas) na periferia dunha cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO