cela

cela

lat cella ‘despensa, adega, habitación’

Plural: celas
  1. s f

    Cámara ou dormitorio individual e de pequenas dimensións dun convento, colexio ou cárcere.

  2. s f [ENTOM ]

    Pequeno compartimento das entenas que constrúen algúns himenópteros no seu interior, e que amais de servir como almacén, críanse as larvas.

  3. s f [AERON ]

    Conxunto formado pola fuselaxe, as ás e as empenaxes dun avión, desprovisto de motores.

  4. s f [BOT ]

    Pequeno compartimento dunha antera, dun ovario, dun esporanxio e doutras estruturas vexetais.

  5. s f [FÍS ]

    Elemento básico dunha rede cristalina, que a pode xerar por translación.

  6. s f [ENTOM ]

    Zona das ás dos insectos delimitada por nervios.

  7. s f

    Pequeno mosteiro independente da Alta Idade Media, ligado ao bispo ou ao señor do lugar.

  8. s f [FÍS ]

    Elemento de volume do espazo físico.

  9. s f [INFORM ]

    Unidade de información que forma un bloque de construción dun mapa, dunha base de datos ou dunha folla de cálculo.

  10. cela electroquímica [FÍS/QUÍM ]

    Dispositivo en que se consegue que teña lugar unha reacción química grazas ao abastecemento de enerxía eléctrica ou no que se produce enerxía eléctrica a partir de enerxía liberada por unha reacción química que ocorre espontaneamente.

Sinónimos