"Eva" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1773.

    1. Estoxo de madeira ou bolsa de coiro que vai pendurado do ombreiro cunha correa, que se emprega para levar as frechas e setas.

    2. Bolsa de pequeno tamaño para gardar algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gran rede de arrastre rectangular, duns cen metros de longo e dez de alto, de malla de cincuenta milímetros, que leva por riba uns cortizos e pola parte inferior pandulleiras para que se manteña vertical. As cabezas rematan en dúas cordas ou tiros, unha de 450 m de longo e outra de 40 m, que tamén levan cortizos para poder tirar mellor delas. Lárgase durante o día dende unha barca, que deixa o tiro curto amarrado en terra mentres vai deitando a rede en forma de arco ata chegar de novo á beira, onde cinco homes tiran dela para coller o peixe. Emprégase no Baixo Miño para a pesca da zamborca e do salmón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poliósido constituído por un polímero lineal, de peso molecular elevado, do ácido β-D-mannurónico en forma piranósica. É un po branco que se obtén da alxina e que se emprega sobre todo en forma de sales ou ésteres (alxinatos).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Elemento que serve para alzar ou facer máis alta unha cousa.

      2. Anaco de sola para que o calzado resulte máis alto.

    1. Cuña que se pon xunto á teiroa e sobre o temón, empregada para tentear a abertura do arado.

      1. Regreta graduada das armas de fogo portátiles para precisar a puntaría na dirección e darlle á arma o ángulo de tiro para conseguir o alcance necesario.

      2. Telescopio paralelo ao canón dunha arma que precisa de puntaría a máis longa distancia ca os aparatos normais.

    2. Aumento do prezo dun ben económico.

    3. Peza que vai colocada debaixo da cheda do carro.

    4. Folla que se pon sobre o tímpano da prensa tipográfica nos lugares onde se quere reforzar a presión para alzar o tipo.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de alzar.

      1. Altura que acadan certos animais, especialmente os equinos.

      2. Altura, especialmente dun home ou dunha besta.

    2. Lugar máis alto dun monte onde se leva o gando no verán a pastar.

    3. Táboa fixada de xeito horizontal nunha parede en que se colocan todo tipo de obxectos.

      1. Altura que acadan certos animais, especialmente os equinos.

      2. Altura, especialmente dun home ou dunha besta.

    4. Taboleiro situado nas cortes onde se deposita a comida do gando.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. alzar.

    2. Que se subleva ou rebela.

    3. Que sobresae dunha superficie.

    4. Que está elevado a un nivel superior.

    5. Deseño da fachada dun edificio, da súa proxección xeométrica ou vertical.

    6. Prezo que se fixa nunha cantidade determinada por adiantado.

    7. Acción de xuntar, pola orde de sinaturas, os cadernos e os pregos dunha obra impresa, co gallo de formar os seus exemplares e realizar a encadernación.

    8. Proxección ortogonal dunha figura ou corpo sobre o plano vertical dun sistema de dous planos, onde o outro é horizontal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Levantar unha cousa utilizando o alzaprema.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer a un nivel máis alto. Tm v pron.

    2. Elevar algo a unha condición superior ou a un grao superior de intensidade.

    3. Incrementar o prezo dalgunha cousa.

    4. Construír algunha cousa que sobresae dunha superficie e que acada certa altura.

    5. Incitar á rebelión.

    6. Dispoñer follas ou pregos impresos e colocalos segundo unha orde para que poidan ser ligados.

    7. Levantarse en rebelión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Púlpito elevado, de pedra ou de madeira, que hai nos extremos do presbiterio dalgunhas igrexas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Correa para suxeitar o coiro que leva o mazo do maial.

    VER O DETALLE DO TERMO