alzado -da

alzado -da

lat *altiāre, de altus

Plural: alzados Masculino: alzado Masculino plural: alzados Feminino: alzada Feminino plural: alzadas
  1. p reg

    alzar.

  2. adx

    Que se subleva ou rebela.

  3. adx

    Que sobresae dunha superficie.

  4. adx

    Que está elevado a un nivel superior.

  5. s m [ARQUIT ]

    Deseño da fachada dun edificio, da súa proxección xeométrica ou vertical.

  6. s m [ECON ]

    Prezo que se fixa nunha cantidade determinada por adiantado.

  7. s m [GRÁF ]

    Acción de xuntar, pola orde de sinaturas, os cadernos e os pregos dunha obra impresa, co gallo de formar os seus exemplares e realizar a encadernación.

  8. s m [MAT ]

    Proxección ortogonal dunha figura ou corpo sobre o plano vertical dun sistema de dous planos, onde o outro é horizontal.

Sinónimos

Citas

  • A alzada que ten o cabalo negro impresionou os presentes
  • O seu fillo máis vello ten unha alzada que case chega aos dous metros
  • Os militares alzados tomaron a casa do concello polas armas
  • Realizaron o alzado dese edificio cun novo programa informático
  • Se queres falar con ela está na alzada coas ovellas
  • Temos que rematar o alzado dese libro para logo pasar ao teu

Palabras veciñas

alxube alza alzada alzado -da alzamento alzapón alzaprema