alza

alza

alzar

Plural: alzas
  1. s f
    1. Elemento que serve para alzar ou facer máis alta unha cousa.

    2. Anaco de sola para que o calzado resulte máis alto.

  2. s f

    Cuña que se pon xunto á teiroa e sobre o temón, empregada para tentear a abertura do arado.

    1. s

      Regreta graduada das armas de fogo portátiles para precisar a puntaría na dirección e darlle á arma o ángulo de tiro para conseguir o alcance necesario.

    2. alza telescópica

      Telescopio paralelo ao canón dunha arma que precisa de puntaría a máis longa distancia ca os aparatos normais.

  3. s f [ECON ]

    Aumento do prezo dun ben económico.

  4. s f

    Peza que vai colocada debaixo da cheda do carro.

  5. s f [GRÁF ]

    Folla que se pon sobre o tímpano da prensa tipográfica nos lugares onde se quere reforzar a presión para alzar o tipo.

  6. interx

    Emprégase para que un animal levante as patas e poder ferralo.

Citas

  • Colocou unha alza e gañou moita altura
  • Cunha alza veranse mellor os obxectos que queres destacar