"COI" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 802.

    1. Sinala a cousa ou persoa que se atopa espacialmente lonxe dos dous interlocutores.

    2. Designa o afastamento temporal con respecto a quen fala e a quen escoita. Indica anterioridade ao referente. OBS: Contrae coas preposicións en e de: naquel(es), naquela(s), naquilo, daquel(es), daquela(s), daquilo. Tamén contrae co indefinido outro, aqueloutro(s), aqueloutra(s), aqueloutros, aqueloutras (a forma neutra é aquilo, e non ten variación de número nin contrae, aquilo outro).

    3. Expresa algunha calidade difícil de precisar cun significado xeralmente positivo como pode ser ‘encanto, atractivo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Utensilio de cociña para bater ovos á hora de facer biscoitos e doces semellantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Presbítero que exerce, por delegación do bispo, certa xurisdición sobre outros presbíteros dun territorio ou arciprestado.

    2. Título dunha dignidade dos cabidos das catedrais ou colexiatas, a miúdo unida ao coidado de ánimas.

    3. Sacerdote dunha catedral que antigamente exercía as funcións do actual vicario xeral.

    4. Cardeal que preside e goberna os clérigos dunha das basílicas patriarcais de san Xoán, san Pedro e santa María a Maior de Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia mineral empregada polos oleiros para vidrar os cacharros de barro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fabricante ou vendedor de armas.

    2. Persoa que garda as armas e ten coidado de limpalas, as armerías.

    3. Lugar ou moble destinado a gardar as armas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase aos compostos de arsénico nos que este é pentavalente.

    2. Elemento de número atómico 33 e peso atómico 74,92, con propiedades metálicas e non metálicas. Pertence ao grupo V A da táboa periódica.

    3. Ácido ortoarsénico que se emprega na obtención de materias colorantes orgánicas e os seus sales como insecticidas e na fabricación de vidro.

    4. Composto de arsénico que se utiliza na fabricación do vidro e na obtención do arsénico e dos outros compostos arsenicais.

    5. Pos moi tóxicos que se obteñen torrando a arsenopirita. Emprégase na industria do coiro e como pigmento e raticida. O mineral natural é o realgar.

    6. Sólido que se emprega na fabricación de insecticidas e colorantes.

    7. Sólido velenoso que se emprega como pigmento para pinturas e para a obtención de compostos de arsénico.

    8. Líquido de aspecto oleoso que actúa como intermediario na obtención de derivados orgánicos.

    9. Sólido velenoso que se emprega como pigmento, como axente redutor e en medicina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doenza parasitaria causada no intestino da especie humana pola ascáride adulta da especie Ascaris lumbricoides.

    2. Doenza parasitaria ocasionada polas diferentes especies de ascárides.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Xuntanza de persoas reunidas para deliberar e tomar acordos.

      1. Toque de timbal ou trompeta para a reunión e formación das tropas.

      2. Reunión numerosa de tropas para ser instruídas ou para entrar en campaña.

    2. Reunión de todos os compoñentes dunha sociedade, corporación e, en xeral, de calquera persoa xurídica, que constitúe o máximo órgano deliberante.

    3. Congreso dun partido político.

    4. Asemblea extraordinaria que establece un novo texto constitucional.

    5. Órgano composto por todos os traballadores da empresa que ten a finalidade de controlar os representantes obreiros nos diferentes espazos de actuación dentro da empresa.

    6. Reunión de fieis destinada a proclamar e escoitar a palabra de Deus contida na Biblia ou a celebrar a Eucaristía.

    7. Cámara baixa ou primeira cámara da República francesa, que ten a súa sede no Palais Bourbon de París. Está formada por 577 deputados, elixidos mediante sufraxio universal, directo e secreto cada cinco anos.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer algunha cousa sobre a base, nunha posición estable.

    2. Anotar por escrito algunha cousa para que quede constancia dela.

    3. Incluír ou facer incluír o nome de alguén nalgún rexistro.

    4. Facer coincidir unha cousa con outra.

    5. Afiar ou suavizar o gume dun instrumento cortante.

    6. Dar firmeza a algunha cousa.

    7. Poñer en obra ladrillos ou perpiaños.

    8. Pór calquera pasta pitórica ou de cor enriba dun soporte mediante un pincel, unha espátula ou un rolo.

    9. Deixar apoiada algunha cousa con firmeza e seguridade.

    10. olverse clara unha bebida como o viño cando o pouso vai para o fondo.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Informar ou dar consello a alguén sobre algo.

    2. Dar o seu ditame o letrado asesor.

    3. Tomar consello ou informe sobre unha cousa doutra persoa que a coñece mellor.

    4. Escoitar ou consultar o ditame do letrado asesor.

    VER O DETALLE DO TERMO