arsénico -ca
-
adx
[QUÍM ]
Aplícase aos compostos de arsénico nos que este é pentavalente.
-
s
m
[QUÍM ]
Elemento de número atómico 33 e peso atómico 74,92, con propiedades metálicas e non metálicas. Pertence ao grupo V A da táboa periódica.
-
ácido arsénico
[QUÍM ]
Ácido ortoarsénico que se emprega na obtención de materias colorantes orgánicas e os seus sales como insecticidas e na fabricación de vidro.
-
arsénico branco/anhídrido arsenioso/trióxido de arsénico
[QUÍM ]
Composto de arsénico que se utiliza na fabricación do vidro e na obtención do arsénico e dos outros compostos arsenicais.
-
[QUÍM ]
Pos moi tóxicos que se obteñen torrando a arsenopirita. Emprégase na industria do coiro e como pigmento e raticida. O mineral natural é o realgar.
-
pentaóxido de arsénico/anhídrido arsénico
[QUÍM ]
Sólido que se emprega na fabricación de insecticidas e colorantes.
-
pentasulfuro de arsénico
[QUÍM ]
Sólido velenoso que se emprega como pigmento para pinturas e para a obtención de compostos de arsénico.
-
tricloruro de arsénico
[QUÍM ]
Líquido de aspecto oleoso que actúa como intermediario na obtención de derivados orgánicos.
-
trisulfuro de arsénico
[QUÍM ]
Sólido velenoso que se emprega como pigmento, como axente redutor e en medicina.